CANS
XERAIS

Global Project

Global Project é unha empresa especializada na formación de idiomas e leva moitos anos traballando, ensinando e aprendendo da man dos estudantes. Aínda que naceron como formadores de persoal de empresa, actualmente, ademais de continuar este labor de forma tanto presencial como online, contan cun moderno centro de formación con clases para todas as idades e un programa multidisciplinar propio, Runners, para os máis peques.

En maio convídante a coñecer as instalacións e gozar de unha semana de clases de inglés gratis. Ademais, colaboran con varios dos colexios máis importantes da cidade na preparación extraescolar e estadías no estranxeiro.

A Universidade de Cambridge outorgoulles a categoría de Centro Formador Oficial dos Exames de Cambridge para todos os niveis, preparando cada curso con éxito por centos de estudantes: Young Learners, KEY, PET, FCE, CAE and Proficiency.  

En Global Project tamén axudan a atopar o curso ou ano escolar no estranxeiro que mellor se adapte aos teus obxectivos. Como actividade estrela do verán, ademais dos cursos no estranxeiro, destacan os dous campamentos 100% en inglés, en Vigo e en Nigrán, para Infantil Primaria e 1º ESO, durante o mes de xullo.

SUMMER HOUSE
Con máis de 20 anos de experiencia abren de novo a matrícula para o campamento 100% en inglés nas magníficas instalacións de URECA en Nigrán. Ao aire libre e con amplas zonas recreativas, que inclúen piscina e campo de fútbol, os peques formarán parte das máis salvaxes e divertidas tribos. A diversión está garantida mentres coñecen o seu estilo de vida, vestiario, costumes, festas… As prazas son moi limitadas. Toda a información premendo aquí.

 
CATIVOS- HOLIDAY CLUB
Nas amplas instalacións do colexio Apóstol Santiago en Vigo, cada semana irán de vacacións a diferentes destinos (ao mar, a montaña, de cruceiro, de cámping…) Contan con campo de fútbol, zonas  deportivas e un gran espazo ao aire libre para desenvolver os proxectos, os xogos de auga e outros entretementos para unha divertida inmersión natural no idioma inglés. Ademais, o pequeno bosque privado achega á rapaza á natureza e convídaa a descubrir os seus misterios. Toda a información premendo aquí.

Esta empresa especializada na aprendizaxe de idiomas propón dous campamentos en inglés: Cativos Club (nas instalacións do Colexio Apóstol Santiago, o centro dos xesuítas de Teis) e mais Summer House (na sociedade deportiva Ureca, no concello de Nigrán). As dúas propostas ofrecen xogos e actividades ao aire libre para que o entretemento faga bo xugo coa aprendizaxe da lingua anglosaxoa.

Datas: 24 de xuño a 29 de xullo (Cativos Club), 1 a 30 de xullo (Summer House)
Horario: 9:00 a 14:00 h
Idade: 3 a 13 anos
Prezo:
desde 99,00 € semanais (Cativos Club), desde 230,00 € quincenais (Summer House)

Rúa Serafín Avendaño 2 baixo – 36201 Vigo | info@globalprojectformacion.com | www.globalprojectformacion.com | 986 220 670

REVISTA MAIO