CAMELIAS MASCOTAS

Galping: sendeirismo acuático

Algunha vez soñastes con camiñar pola auga? Galping presenta o pedal surf, un deporte que nos permite avanzar pola auga de forma rapida e sinxela a bordo dunhas táboas con pedais e guiador. Esta empresa organiza rutas por Bouzas, o río Verdugo e Baiona.

Os fundadores desta empresa de ecoturismo creárona en 2021 tras probar a «Hobie Mirage», con patente estadounidense e considerada mellor táboa de SUP paddle surf do mundo. Pioneira neste deporte en Galicia, Galping presenta o pedal surf, unha actividade para a que non é necesaria experiencia previa e cunha estabilidade que convencerá a toda a familia. O mecanismo deste innovador invento permite avanzar sobre a auga facilmente, podendo alcanzar ata os dez quilómetros por hora, con só accionar uns pedais e coa axuda dun guiador. Fácil e sostible; o único requisito é saber nadar! As rutas que temos á nosa disposición, sempre guiadas e acreditadas pola Axencia Turismo de Galicia, descobren os segredos da travesía entre Bouzas e Samil, do río Verdugo ou do tramo Baiona-Nigrán do Camiño Portugués pola costa.

A accesibilidade deste deporte faino apto para persoas de todas as idades, mesmo para os membros caninos! A única condición para os menores de dez anos e para os cans é ter que compartir a táboa cunha persoa adulta. E non fai falta preocuparse polas pertenzas de cadaquén, pois a empresa facilita unha unha bolsa estanca para gardar o máis esencial. Tan só hai que entrar na central de reservas e escoller ruta, data e hora. A diversión está asegurada!

REVISTA NOVEMBRO

 698 14 53 88 | hola@galping.com | @pedalsurfgalicia | galping.com/reservas

Noelia Álvarez

Redactora