REVISTA ABRIL

ZENTRAL PARK COMEDY

19mai21:00ZENTRAL PARK COMEDYESPECTÁCULOS | Caixa inversa21:00(GMT+02:00) Zentral Bar

Detalles do eventos

Este xoves o Zentral Bar Samil reencóntrase como escenario de comedia co nacemento do seu club da comedia, ” Zentral Park Comedy”. Xornada inaugural dun novo proxecto que nace da man da #ZentralBarExperience2022 e que recupera o desexo de vivir unha inesquecible noite de comedia como a vivida en febreiro de 2019 coa visita de Stephy Llaryora.

Co desexo de seguir dando unha nova vida ao Zentral Bar Samil neste ano 2022 poñen en marcha o proxecto coa ambición de converterse en viveiro de novos talentos da comedia, creando o escenario ” Zentral Park Comedy”, para que o terceiro xoves de cada mes o Zentral sexa punto de encontro de actores, monologuistas e comediantes.

A gran estrea producirase este xoves 19 de maio ás 21.00 cun programa protagonizado por Bedu, , Anxo Vidal , Carla Mañas e Agustín Leirós, catro cómicos locais invitados para gozar dun encontro co humor, cos sorrisos compartidos, un xoves de comedia.

Máis

Hora

(Xoves) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Zentral Bar

Av. Samil, 65, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events