REVISTA ABRIL

 'Zapfarrancho' de Felipe Zapico

01out12:0002nov(nov 2)13:30 'Zapfarrancho' de Felipe ZapicoARTE E MUSEOS | De balde(outubro 1) 12:00 - (novembro 2) 13:30(GMT+02:00) Galería Sargadelos

Detalles do eventos

Dicir Felipe Zapico (León 1960) é dicir “libertario e polifacético, espléndido e desinteresado”, e como el é a proposta que vos traemos ás Sala de Fotografía Sargadelos do 1 de outubro ao 2 de novembro de 2022.

Aínda sendo leonés, Zapico, reside en Badaxoz desde fai xa máis de catro lustros e a súa afección pola fotografía parte desde que tivo a marabillosa Kodak Instamatic sendo un neno. A volta relativamente recente á fotografía analóxica pódese ver en carretes.aminus3.com.

Xa no mundo dixital desde hai algúns anos, comparte as imaxes realizadas desde o 2007 na web zapico.aminus3.com , aínda que onde de verdade comparte é nos álbums de Facebook, no que ten catro series principais:

Dazibao, todo o que vexo nas paredes alí por onde pasa; Paseos, todo o que ve no mundo; Flower Power, o marabilloso mundo das flores e as plantas e Bichos onde aparecen toda clase de animais cos que se cruza.

Zapico é un espírito libre que non segue as normas establecidas “Nunca usei fotómetro, a profundidade de campo é algo moi profundo para o meu, as regras sonme adversas, ou as incumpro querendo,…, eu miro, disparo e ás veces quedo contento, quero contar, sería un fotógrafo documental, o meu é contar con palabras ou imaxes, quero contar un conto, espero que así sexa.

Así que o 1 de outubro, imos observar, imos desexar e imos apoderarnos da obra de ZAPICO nun goce sen paliativos, onde poderemos interactuar co autor e a súa maneira de moverse no mundo da imaxe, e todo dentro dunha experiencia visual e sensorial máis aló da fotografía.

Rompedor, explosivo, xeneroso e imprevisible, así vai ser o ZAPFARRANCHO.

Datas:
Do 1 de outubro ao 2 de novembro de 2022

Hora:
12:00 h a 13:30h

Máis

Hora

Outubro 1 (Sábado) 12:00 - Novembro 2 (Mércores) 13:30(GMT+02:00)

Localización

Galería Sargadelos

Rúa de Urzáiz, 17, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events