VIALIA
bannerPicnicSesions

Yumi Ito + Jam session

16mai21:15Yumi Ito + Jam sessionCONCERTOS | 10,00 21:15(GMT+02:00) A Casa de Arriba

Detalles do eventos

Ysla é o nome do novo álbum de Yumi Ito; cantante, compositora e improvisadora; nel a artista suízo-polaco-xaponesa e a súa banda ofrécennos un poderoso mix de historias persoais e impresionantes improvisacións sumadas a unha voz única.
Tras un período de reflexión e un periplo vital por varias illas do mundo, Ito conseguiu crear unha linguaxe universal que pode entenderse en calquera lugar do mundo. O disco fala de soidade e a separación, do fin do mundo e do renacemento.
Ysla (lanzamento:14/04/22, enja Records) non é simplemente o quinto álbum de Yumi Ito como líder, senón que marca un novo fito na súa carreira.

Yumi Ito – voz, piano
Kuba Dworak – contrabaixo
Iago Fernández- batería

Máis

Hora

(Martes) 21:15(GMT+02:00)

Localización

A Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events