VIALIA
bannerPicnicSesions

Yago Vázquez Trío + Jam Session

01ago21:00Yago Vázquez Trío + Jam SessionCONCERTOS | De balde21:00(GMT+02:00) Deilán praia

Detalles do eventos

O Chiringuito Praia de Deilán invita a “La Jam de la Casa de Arriba”.

Este próximo sábado 1 de agosto estará:

Yago Vázquez Trío + Jam Session:

Yago Vázquez, el é un pianista vigués residente en Nova Iorque. Comeza os seus estudos no Conservatorio de Música de Vigo, e máis tarde estudia en Escola Estudio de Santiago de Compostela e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.

No 2008 Yago Vázquez vaise a Nova Iorque cunha bolsa de estudios para The New School for Jazz and Contemporary Music onde se gradúa con honores no 2010. Alí ten a oportunidade de estudar con profesores coma Junior Mance, Sam Yahel, Kevin Hays ou Jane Ira Bloom.

Na súa carreira tocou con músicos coma Reggie Workman, Billy Harper, Drew Gress, Jeff Hirshfield, Scott Lee, David Schnitter, Jamie Baum, Gilad Hekselman, Joe Martin ou Ingrid Jensen, etc. E actúa nos clubes máis pretixiosos da cidade: Jazz at Lincoln Center, Blue Note, Jazz Gallery, Jazz Standard, Smalls Jazz Club, Smoke, Fat Cat, Birdland, Minton’s, etc.

Yago Vázquez tamén participa en numerosas xiras internacionais en Alemaña, Suiza, Francia, España, Portugal, Inglaterra, República Checa, Estados Unidos, México, Guatemala, Honduras, Salvador, Nicaragua, Costa Rica, Chile ou Corea.

Yago Vázquez Trio foi gañador do Premio Martín Codax da Música en 2018 e nomeado aos Premios Pulsar 2016 (Chile) e aos Echo Awards 2016 (Alemaña). Yago conta con máis de 30 álbumes na súa discografía.

Preséntase nesta ocasión con Alex Touceda no contrabaixo e David Puime na batería.

Onde: Chiringuito Praia de Deilán, rúa Barciela 95, 36142 Vilaboa, (Pontevedra).
Entrada: Libre.

Máis

Hora

(Sábado) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Deilán praia

barciela 95 (14,14 km) 36142 Vilaboa

Other Events