COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

XXXVII Festa da Cereixa

01xuñ18:0002(xuñ 2)21:00XXXVII Festa da CereixaAs Nosas Festas| De balde 18:00 - 21:00 (2)(GMT+02:00) Auditorio CSCR de Beade

Detalles do eventos

O evento, que botou a andar por primeira vez no ano 1986 na parroquia viguesa, dará comezo o sábado 1 de xuño ás 18:00 h coa celebración da tradicional “misa cantada pola Masa Coral do C.S.C.R. de Beade”.  

Seguidamente, nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade terá lugar ás 19:00 h o “Festival de baile moderno”, acto que contará coa participación do Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade, Grupo de sevillanas do C.S.C.R. de Beade, Centro de danza Flashdance, Grupo de baile moderno Helios de Bembrive e Grupo de baile moderno O Fiadeiro.

A primeira xornada da festividade rematará co “Encontro folclórico”, a partir das 20:30 h, mediante a música tradicional do Grupo de baile galego “Semente da Arte Galega” do C.S.C.R. de Beade, Grupo de gaitas “Arume” do C.S.C.R. de Beade, Grupo de pandereteiras “A volta do Demo” do C.S.C.R. de Beade, Agrupación Folclórica “Lembranzas Galegas” e a Asociación Veciñal, Socio Cultural e Deportiva “O Freixo”.

O domingo 2 de xuño, considerado como o día grande da cereixa, arrancará ás 11:00 h co pasacalle da Banda de cornetas, gaitas e tambores “Ría de Vigo” e a “recepción de autoridades”.

Entre as 11:30 h e as 12:00 h haberá degustación de balde dacereixas e concursos de “Calidade”“Derivados e Transformación”“Presentación” e “Repostería”.

A continuación será a quenda do “Acto central”, que contará coa actuación da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo “Kv2211” e pregón a cargo de Uxío Couto, actor de dobraxe nado en Beade que participou en producións tan coñecidas como “Astérix: A residencia dos deuses” ou Harry Potter.

Neste acto protocolario se fará entrega dos agasallos aos gañadores dos concursos citados anteriormente, aos rapaces premiados no concurso de carteis da cereixa,insignias aos socios máis antigose rematará coa imposición das “cereixas de ouro”.

Como novidade, dentro do “concurso de carteis da cereixa”, o público será quen de outorgar tres mencións especiais a aquelas obras que máis lle impacten visual e artisticamente.

Tras o descanso para o xantar, a actividade se retomará ás 17:00 h nos exteriores da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade co Concurso do “Lanzamento de carabuña”,unha sección popular que se ven desenvolvendo en cada edición dende comezos da década pasada.

Ás 18:45 h será a quenda de Ártika Cía., que porá en escea “Pum! Pum! Quen hai?”, un espectáculo teatral recomendado para maiores de 4 anos que narra unha historia divertida, na que o ritmo da comedia, levará a descubrir que cando non todo é o que parece, a vida se converte nunha aventura marabillosa. 

“Fin de festa”, programado para ás 20:00 h no auditorio do Centro Cultural de Beade, correrá a cargo de BATEA, banda folk rock fundada en Vigo durante o confinamento por antigos compoñentes de Virandeira..

O cartaz da “XXXVII Feira – Festa da Cereixa” leva a sinatura dunha alumna do I.E.S. de Beade.

ESTE EVENTOS TEN DISTINTAS LOCALIZACIÓNS

Máis

Hora

1 xuño, 2024 18:00 - 2 xuño, 2024 21:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio CSCR de Beade

Estrada Coutada, Nª42, C.P.: 36312, Vigo (Pontevedra)

Other Events