
25feb20:00XXXII Edición 'A Homenaxe'CONCERTOS | Desde 5€20:00 Auditorio Teatro Afundación
Detalles do eventos
Tras dous anos de parón, o Grupo Etnográfico A Buxaina de Coruxo volta a celebrar ‘A Homenaxe’ o vindeiro sábado 25 de febreiro, ás 20:00h, no teatro Afundación.
XXXII Edición 'A Homenaxe'
Tras dous anos de parón, o Grupo Etnográfico A Buxaina de Coruxo volta a celebrar ‘A Homenaxe’ o vindeiro sábado 25 de febreiro, ás 20:00h, no teatro Afundación. Un acto que pon en valor a quen transmite a sabedoría do baile e música
tradicionais.
Trátase dun acto anual que A Buxaina organiza en colaboración co Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo (CRACC) e que ten como obxectivo principal dar a coñecer a aquelas persoas que de xeito altruísta, souberon conservar
e transmitir a sabedoría do noso baile e música tradicionais. Trátase de apreciar a quen soubo atesourar a identidade do noso pobo. Para isto, desta volta os homenaxeados serán o gaiteiro Marcelino Vázquez Fernández e o clarinetista Pepe Taboada Sánchez, antigos membros dos Melidaos entre outros grupos. Tamén serán homenaxeadas as gaiteiras do grupo Meniñas de Saudade de Ribadeo, considerado o primeiro grupo de gaiteiras de Galicia. Ademais desta homenaxe, haberá actuacións dos grupos Os Melidaos, septeto de gaitas e percusión coñecidos como “os gaiteiros que cantan”, o grupo Xistra de Coruxo, grupo de música tradicional que comezou a súa andaina en 1988 e o grupo de baile da Asociación Cultural Cántigas e Frores da cidade de Lugo que leva en activo desde 1948. Tamén se contará coa presenza de Avelino González, recoñecido actor, narrador e animador nacido en San Andrés de Comesaña, como presentador desta edición.
Sábado 25, ás 20:00h.
Máis

(Sábado) 20:00
Auditorio Teatro Afundación
Marqués de Valladares s/n