REVISTA ABRIL

XVIII Encontro Folclórico

02out18:00XVIII Encontro FolclóricoAS NOSAS FESTAS | De balde18:00(GMT+02:00) Auditorio CSCR de Beade

Detalles do eventos

O festival de música e danza tradicional galega afronta a súa recta final con tres datas ao longo do mes de outubro. Tras uns meses de descanso estival, volve a danza aos centros culturais da cidade coa segunda parte do XVIII Encontro Folclórico. A programación continúa coa chegada do outono en tres enclaves da periferia viguesa. A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, en colaboración co Concello de Vigo, organiza este evento que, ano tras ano, ven a demostrar que existe unha gran cultura tradicional na cidade. Así, o obxectivo principal do ciclo é achegar a varios puntos un espectáculo co que poder pasar unha tarde en familia desfrutando e ensalzando o noso folclore. Tódolas actuacións son de balde e comezan ás 18:00h. Nesta ocasión, os tres centros elixidos son os seguintes:

  • 02 de outubro / C.S.C.R. de Beade – Tarambainas, Sárdoma e Froles Novas
  • 16 de outubro / S.C.D.R. Helios de Bembrive – Andarela, Gr. Et. Buxaina
    de Coruxo, Helios de Bembrive e Semente da Arte Galega
  • 23 de outubro / S.C.R. de Matamá – Queixumes, Freixo, Asubío e Traspés

Paralelamente, a Agrupación finaliza esta fin de semana o ciclo de teatro Festa da Cultura coas seguintes obras:
01 de outubro / S.C.D. de Matamá – ‘Microcomedias 2’ de Agarimo
02 de outubro / C.C.R. de Cabral – ‘Munuwa’ de Porta Aberta Ambas representacións son gratuitas e realizaranse ás 19:30h.

Máis

Hora

(Domingo) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio CSCR de Beade

Estrada Coutada, Nª42, C.P.: 36312, Vigo (Pontevedra)

Other Events