XVII Revoltallo
18set20:00XVII RevoltalloFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+02:00) CVC Valladares
Detalles do eventos
O Revoltallo, o festival máis lonxevo de Vigo, celebra a súa XVII edición con dez concertos ao aire libre do 18 ao 20 de setembro en Valadares.
Detalles do eventos
O Revoltallo, o festival máis lonxevo de Vigo, celebra a súa XVII edición con dez concertos ao aire libre do 18 ao 20 de setembro en Valadares.
O festival de música emerxente Revoltallo regresa a Valadares os vindeiros 18, 19 e 20 de setembro, ofrecendo música segura cun protocolo específico contra a Covid-19 e proseguindo a súa aposta pola música en galego e actividades para toda a familia.
A Xuntanza Xuvenil co apoio do Centro Cultural de Valadares déronlle unha volta ao plantexamento deste festival, que agora eríxese coma unha cita para toda a familia nos diferentes espazos que oferta ao redor das instalacións do Centro Veciñal e Cultural de Valladares, aínda que a música emerxente segue sendo o principal reclamo destas xornadas.
Coa presenza de grandes intérpretes de música galega xa consolidados como Ortiga, High Paw, De Vacas, Margarida Mariño e Monoulious DOP, o Revoltallo tamén contará con propostas emerxentes e locais como La Chata Soul, Noar e Adrian Timms, entre outros. Os concertos terán lugar na Carballeira do Pedregal, un entorno privilexiado no que a natureza fusionase cos sons e as actividades cun aforo reducido de 350 persoas para garantir todas as medidas de seguridade e hixiene marcadas polas autoridades sanitarias.
Máis
Hora
18 setembro, 2020 20:00(GMT+01:00)
Localización
CVC Valladares
Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, PO
Séguenos nas redes