novembro, 2021

Este é un evento repetitivo

12nov20:00XVI Festival Catropezas: Ephimera / Invisible / INA.OESPECTÁCULOS | 10,00€20:00 Teatro Ensalle

Detalles do eventos

O Festival Catropezas é un festival de danza contemporánea. Xorde en 2006 como un desexo de aglomerar, nunhas poucas semanas, algunhas das producións de danza (tanto nacionais como internacionais) máis destacadas do último curso, por iso é polo que as compañías que aparecen no historial do Catropezas acumulen tantos anos de experiencia.
Compañías xa contrastadas que reúnen nun mes obras cunha linguaxe sempre experimental pero sólido, froito do traballo, a disciplina e a experiencia. Debido a isto é habitual atopar un curso intensivo impartido por algún dos mestres programados. Ademais o mes da danza está acompañado sempre polas esculturas de madeira de Víctor Lorenzo, cuxa exposición forma parte do Catropezas. Hai unha peculiaridade máis que garda este festival, e é que unha das súas xornadas é a coñecida como Fin de semana do Seiscordas ‘ Noites de danza intensa’.

‘EPHIMERA’ de Paloma Hurtado
Porque somos seres que senten e quero crer que iso nos fai coherentes. Porque a vida é un suspiro como o que se escapa fugitivo dos nosos beizos en días de tormenta.
Unha noite basta para atoparse nunha vida paralela. Onde aprender que nada dura para sempre e que todos viaxamos cara a un mesmo destino.
Ser máis aló das aparencias. Que se esconde baixo as capas desta cebola? Aí dentro atopo o que andaba buscando… a ti… reflexo dun eu que me completa.

‘INVISIBLE’ de Daniel Morales
‘Invisible’ é un só do canario Daniel Morales no que son tan importantes o movemento que se ve, como o que se intúe; a música que acompaña ao intérprete, como os silencios, que intensifican aínda máis a expresión do corpo. Unhas dicotomías presentes nunha dramaturxia que explora as contradicións entre o eu racional e o eu emocional.
Un corpo que recolle toda a memoria fronte a unha cabeza que marca o ritmo, coma se fose outro corpo. Ausencias que se fan presentes. O que non se di, o que non se traga, o que non se permite. Onde están os límites?
Primeiro premio no Certame Internacional de Solos do Festival de Danza de Gdansk, Polonia [2019].

‘INA.O’ de Paloma Hurtado e Daniel Morales
Hoxe vivimos a noite en caída libre cara ás estrelas. O planeta perdeu a gravidade e subímonos a esa estrela que acaba de pasar. Desaparecemos mentres soan as túas risas de lonxe. Bendita inocencia. Debemos deixarnos sorprender. Un estalido de luz conéctanos cos soños. Somos po de estrelas.

Compañía baixo a dirección de Daniel Morales, bailarín, coreógrafo e profesor nado en Gran Canaria e formado en Danzas Urbanas e Contemporáneas desde 2002. A súa visión céntrase na trasmisión de pensamentos, sensacións e experiencias que todos e todas poden recoñecer, cunha linguaxe propia que foi desenvolvendo a través da profundización nos procesos creativos, tentando evitar que estes se formalicen nunha mera singularidade escénica illada. Unha linguaxe física cargada de contido que se afasta do virtuosismo, deixando que sexa o propio corpo e a súa veracidade o que vaia tecendo a forma das súas obras.

Venres 12 ás 20:00
Sábado 13 ás 20:00
Domingo 14 ás 20:00

PROGRAMACIÓN

  • The watching machine: 5, 6 e 7 de novembro
  • Ephimera / Invisible / INA.O: 12, 13 e 14 de novembro
  • Carne de canción: 19, 20 e 21 de novembro

Máis

X