PORTAMERICA
REVISTA NADAL

Este é un evento repetitivo

XVI Festival Catropezas: Carne de canción

19nov20:00XVI Festival Catropezas: Carne de canciónESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+01:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

O Festival Catropezas é un festival de danza contemporánea. Xorde en 2006 como un desexo de aglomerar, nunhas poucas semanas, algunhas das producións de danza (tanto nacionais como internacionais) máis destacadas do último curso, por iso é polo que as compañías que aparecen no historial do Catropezas acumulen tantos anos de experiencia.
Compañías xa contrastadas que reúnen nun mes obras cunha linguaxe sempre experimental pero sólido, froito do traballo, a disciplina e a experiencia. Debido a isto é habitual atopar un curso intensivo impartido por algún dos mestres programados. Ademais o mes da danza está acompañado sempre polas esculturas de madeira de Víctor Lorenzo, cuxa exposición forma parte do Catropezas. Hai unha peculiaridade máis que garda este festival, e é que unha das súas xornadas é a coñecida como Fin de semana do Seiscordas ‘ Noites de danza intensa’.

‘CARNE DE CANCIÓN’ de Laila Tafur

Cantar sen saber, facer cancións sen querer, accidentais, facer sen saber, con sabor, con soberbia, coma se si soubeses. Soubeses as súas pernas sopeiras, soap opera, so popera.
Cantar coma se si soubeses, como ti sabes, con osadia, diletando, diletante, diletanta, diletonta, diletanto, titilando, titila titila, perico perico titómate unha tila, que non che doia.
Imitar o cantar, directamente copiar, reproducir, replicar, roubar o que hai, usar cancións xa feitas, hai que parar a produción!
Está to feito, status quo, esta trosfera, estático, está aí.
Logo bailar, que tamén é de todos, de todes, de todis, que temos corpu. Temos moites coses, cosos, temos o que somos, somos soma, somos corpo, somes cromosoma, somos cosmos somoscomosomos.
E por último contar historias, contar mentiras. Mentres amentes contas tanto, máis que parpadeas, titilas, estás e non estás, como as estrelas, as superestar. Superestares, que están moito no que están, aínda que mintan.

Laila Tafur naceu en Granada, foi estudante de intercambio do departamento de danza na Universidade de Arte de Reykjavik e A Politécnica de Lisboa e finalmente licenciouse en Coreografía no Institut do Teatre de Barcelona. En 2017-18 cursou o Máster MPECV do Raíña Sofía e a Universidade de Cuenca, onde comeza o seu interese pola canción e a aproximación amateur á produción de coñecemento. Esta investigación continúa no PEI do MACBA desde hai un ano, onde a súa implicación co pensamento crítico creceu. Este estudo tomou o nome de Carne de Canción facendo convivir a aproximación amateur á produción sonora, co oficio de bailarina profesional no que si predomina a especialización e a aspiración á mestría. Paralelamente e xunto a Alba Rihe, con axuda de TNT, CA2 M, Casa Encendia e Graner, fabricaron Cobalto, unha peza, un kit de artes zombies para instituto, unha práctica de meditación, un delirio. En solitario e moi de danza contemporánea existen: Mi Arma, un western flamenco; Susobras, o traballo meta sobre a propia danza; e Monstruo, o indecible o inominable, o abominable, indomesticable ou salvaxe.

Venres 19 ás 20:00
Sábado 20 ás 20:00
Domingo 21 ás 20:00

PROGRAMACIÓN

  • The watching machine: 5, 6 e 7 de novembro
  • Ephimera / Invisible / INA.O: 12, 13 e 14 de novembro
  • Carne de canción: 19, 20 e 21 de novembro

Máis

Hora

19 novembro, 2021 20:00(GMT+01:00)