REVISTA ABRIL

XV Aniversario de Os Vacalouras

16dec21:30XV Aniversario de Os VacalourasCONCERTOS | Desde 10,00€21:30(GMT+01:00) Sala Master Club

Detalles do eventos

Despois de marcar un antes e un despois co seu hit do verán ‘O Samil e Portugal’ cunha colaboración de luxo como foi o mesmo Quim Barreiros, e de sacar 3 singles máis adianto ‘Fedes a faiado’, ‘Acacia negra’ e ‘Tírate da ponte de Rande’, Os Vacalouras darán o seu concerto XV aniversario na Sala Master Club de Vigo o próximo 16 de decembro para pechar este primeiro ano de presentación do seu novo disco ‘Xuventude Prexubilada’.

Xuventude Prexubilada está composto por 10 cancións onde demostran un punto de  madurez no musical, sen deixar de lado o seu peculiar e xenuíno estilo que eles mesmos bautizaron como pataca’n’roll. Un disco repleto de novos sons e estilos que nos levarán deas do punk, ao  rocanrol e sen deixar de lado a raíces máis folkis onde a gaita terá unha presenza moi destacable ao longo do disco e cunhas letras acedas e repletas de humor onde a sátira será a sua marca de identidade.

Venres 16 ás 21:30

Entradas á venda en www.entradium.com

Máis

Hora

(Venres) 21:30(GMT+01:00)

Localización

Sala Master Club

Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events