Xornadas Videoxogo e Literatura

29set01outXornadas Videoxogo e LiteraturaFESTIVAIS E FEIRAS | De balde16:30 - (outubro 1) 13:00(GMT+02:00) Fundación Barrié

Detalles do eventos

As Xornadas Videoxogo e Literatura é unha actividade anual da Fundación CC que pretende abordar o sector cunha perspectiva transversal, sen perder de vista a súa relación coa literatura e as súas técnicas. Dende 2019 ven explorando os relacións que ambas as dúas áreas establecen dentro sector cultural e creativo. Lazos sólidos con frecuencia, outras veces superficiais, pero sempre dinámicos ao ter que moverse nunha contorna económica inestable. As Xornadas Videoxogo e Literatura pretenden, tamén, ampliar o coñecemento público do sector; debullar as perspectivas de crecemento; apuntar retos e desafíos dos seus profesionais.

CONSULTAR PROGRAMA AQUÍ

XOVES 29 DE SETEMBRO
Despois do acto de inauguración das 16:00 h., a sesión de apertura abordará o financiamento do sector do videoxogo, da man de Mauricio García, mentor e produtor de equipos noveis en Billete Cohete; Sergio Reyes, responsable de gaming e Esports en StartupXplore, e Gilberto Sánchez, director académico da Área de Videoxogos da U-tad (Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital e está na CA de Madrid). A segunda sesión será unha mesa de diálogo sobre a potencia creadora que existe en Galicia con respecto á industria cultural e creativa dos xogos de rol e como os seus procesos narrativos inflúen en aspectos educativos, no deseño narrativo de videoxogos e na literatura. Correrá a cargo de Laura Guerrero, programadora de xogos de rol; Hoopoe, deseñadora narrativa en Corvus Belli; e Carlos Rodas e Clementina Álvarez, de Eternalverse Games. Baixo o título “Literatura e videoxogo. Unha retroalimentación inaudita”, a última sesión do xoves analizará cuestións e participarán Antonio Gil, profesor titular de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC, María Álvarez Villar, doctoranda en Estudos Literarios da UVigo e Gustavo A. Garrido, da Fundación Carlos Casares.

30 DE SETEMBRO
O primeiro faladoiro será “Evita desastres legais á hora de facer un videoxogo”, a cargo de Roberto Janeiro, de Herrero & Asociados. Acto seguido contaremos cunha masterclass do desenvolvedor de videoxogos e creador de contidos Gius Caminiti titulada “Unity. Así se fan os videoxogos”, encamiñada a que as persoas asistentes poidan iniciarse no mundo dun dos motores de creación de videoxogos máis importantes. A 3ª sesión do día, “O sector do videoxogo. Narrativa e educación”, é unha mesa redonda a tres voces coa presenza de Daniel González, director creativo de Gametopia con varios xogos sobre figuras literarias onde a música clásica ten un compoñente educativo importante; Iván Montes, profesor de primaria e formador en Robótica; e Daniel Rodríguez, profesor e presidente de APETEGA, e responsable do Proxecto Algoritmia. A mesa redonda será conducida por Leticia Costas, de Kidcode Vigo.
A tarde do xoves abrirase cunha mesa redonda titulada “Novas formas de comunicación” coa escritora Rebeca Álvarez e Dhaunae de Vir, desenvolvedora de proxectos transmedia. A mesa será moderada por Carlos Pereiro, editor da Revista Morcego. Tras esta sesión contaremos coa Masterclass sobre deseño de personaxes en videoxogos desenvolvida por José Holgado, PDI nos graos de Comunicación Audiovisual e Creación Dixital, Animación e Videoxogos da Universidade da Coruña. O día rematará coa presentación “Revivindo as recreativas” de Roi Cruz e Roberto Benavides, fundadores de Power UP, dedicada ao rescate e restauración de antigas máquinas recreativas

1 DE OUTUBRO. A ESTREA EN PRIMICIA DE “LA INDUSTRIA SALVAJE” DE HORACIO RODRÍGUEZ MASEDA
O último día das xornadas comezará coa estrea en primicia do documental “La industria salvaje” de Horacio Maseda Para finalizar, será a vez do público. Calquera persoa interesada poderá presentar o seu proxecto e falar de calquera aspecto relacionado coa temática das Xornadas na “Desconferencia”, un micro aberto cun tempo de ata 15 minutos para que as persoas interesadas en dar a coñecer as súas ideas e proxectos poidan amosar o seu potencial. Para participar unicamente hai que apuntarse na páxina das xornadas (www.videoxogoeliteratura.gal).

Máis

Hora

29 setembro, 2022 16:30 - 1 outubro, 2022 13:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Barrié

Rúa Policarpo Sanz, 31, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events