VIALIA
bannerPicnicSesions

XORNADAS ERASMEIRAS

29nov13:00XORNADAS ERASMEIRASACTIVIDADES PARA O COCO | De balde13:00(GMT+01:00) Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

Detalles do eventos

O vindeiro 29 de novembro terá lugar na Sala Manuel Vieites da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia unha gala informativa que exporá as bases da nova convocatoria de Erasmus+ para o curso escolar 2023-2024, plan ao que leva adscrito  a escola dende o ano 2011.
 
Na gala poderase asistir a faladoiros co alumnado erasmeiro, tanto aquel que se acolle actualmente na escola, como aquel que está noutras partes do mundo cursando arte dramática. Este ano o evento ofrece a posibilidade de coñecer os proxectos artísticos que se desenvolven a nivel internacional e as posibilidades que ofrecen para a comunidade educativa galega das artes escénicas.
 
A xornada estará acompañada por música en directo da man de Sultana Altynbekova, alumna Erasmus do Conservatorio Superior de Música de Vigo que intepretará ao violín Polonaise Brilliante en D major de Wieniawski. Tamén contará coa performance Mluvím Galicijsky creada por María Fariñas e Isolda Comesaña, alumnas de 4º de Interpretación Xestual da ESADg, durante o seu período educativo na República Checa, e cun monólogo de Eva Jáudenes, alumna de 3º de Interpretación Textual, a partir da súa experiencia Erasmus.

Martes 29 ás 13:00

Acceso libre

Máis

Hora

(Martes) 13:00(GMT+01:00)

Localización

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

Rúa da Poza Cabalo, 1, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events