REVISTA ABRIL

Xornadas do Mes do Párkinson

06abr16:45Xornadas do Mes do PárkinsonACTIVIDADES PARA O COCO | De balde16:45(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

A Asociación Párkinson de Vigo celebrará o 11 de abril, o Diá Mundial do Párkinson. Ao longo do mes tamñen se organizarán diversas actividades e eventos coa fin de visibilizar esta enfermidade.

Este mércores 6 de abril, haberá unha Xornada do Mes do Párkinson, será ás 16:45h no Auditorio do Concello. O Doutor Gustavo Fernández Pajarín e o Doctor Ángel Sesar Ignacio, neurólogos do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, serán os ponentes desta xornada. Ademais, realizarase unha homenaxe a Manuel Riopa, ex presidente de Apar.

O 11 de abril, coincidindo co Día Mundial do Párkinson, haberá xornadas informativas durante todo o día na calle Príncipe e sesións grupais especiais de fisioterapia.

O 18 de abril, sesión de Estimulación Cognitiva

O 20 de abril, concerto de música folk dun dos grupos da E-TRAD de Vigo na Asociación

O 21 de abril, xornada de xogos tradicionais no Centro Sociocomunitario do Calvario

O 26 de abril, acto conmemorativo ás 12h polas persoas que loitaron e loitan contra a enfermidade no monumento do Párkinso (Plaza da Estrella)

Máis

Hora

(Mércores) 16:45(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events