WELGOOD

Xornadas Democracia Secuestrada: ameazas globais e autodefensa

16mar20:30Xornadas Democracia Secuestrada: ameazas globais e autodefensaACTIVIDADES PARA O COCO | -20:30(GMT+01:00) De catro a catro

Detalles do eventos

“𝐃𝐞𝐦𝐨𝐜𝐫𝐚𝐜𝐢𝐚 𝐒𝐞𝐜𝐮𝐞𝐬𝐭𝐫𝐚𝐝𝐚: 𝐚𝐦𝐞𝐚𝐳𝐚𝐬 𝐠𝐥𝐨𝐛𝐚𝐢𝐬 𝐞 𝐚𝐮𝐭𝐨𝐝𝐞𝐟𝐞𝐧𝐬𝐚” son unhas xornadas que 𝐝𝐢𝐬𝐜𝐨𝐫𝐫𝐞𝐫𝐚́𝐧 𝐞𝐧 𝐕𝐢𝐠𝐨, 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐞 𝐨 𝟏𝟓 𝐞 𝐨 𝟏𝟖 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐫𝐳𝐨 𝐝𝐞 𝟐𝟎𝟐𝟑 no Café de Catro a Catro. Nelas preténdese analizar as ameazas á soberanía popular por parte das corporacións e a extrema dereita, así como presentar como se lles fai fronte.

Ditas xornadas forman parte de Agora R , un proxecto de 𝐄𝐂𝐎𝐀𝐑 que nace coa intención de pensar a realidade a través dunha ollada crítica, horizontal e proactiva poñendo no centro da análise as relacións de poder e contrapoder. Agora R pretende abrir un espazo onde a cidadanía poida adquirir ferramentas e recursos que lle permitan reflexionar sobre o seu papel como axente de cambio.

Podes participar acudindo aos actos ou véndoos por streaming .

Programa:

Mércores 15 ás 18:30h – Miquel Ramos – Non esquecemos!! Neo liberalismo e ultradereita vs. Dereitos Humanos (videoconferencia)

Mércores 15 ás 20:30h – Erika González – Para todxs todo!! Crises, poder corporativo e resistencias ecosociais.

Xoves 16 ás 20:30h – Carlos Taibo – Non pasarán!! Ecofascismo das minorías e autodefensa das maiorías.

Venres 17 ás 20:30h – Proyecto UNA – Outra internet é posible? Utopías e distopías na rede.

Sábado 18 ás 18h – Enrique del Teso – Non nos calarán!! Propaganda da ultradereita e como tratar con ela

Sábado 18 ás 20:30h – Alfons Pérez – Non hai planeta B!! Pactos Verdes corporativos vs. transición ecosocial.

Máis información: https://agora-r.ecoarglobal.org/

Máis

Hora

16 marzo, 2023 20:30(GMT+02:00)

Localización

De catro a catro

36211, Rúa de Gerona, 16, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events