Xornadas de Videoxogo e Literatura
Detalles do eventos
As V Xornadas Videoxogo e Literatura é unha actividade anual da Fundación Carlos Casares, coa que pretende abordar o sector cunha perspectiva transversal, sen perder
Detalles do eventos
As V Xornadas Videoxogo e Literatura é unha actividade anual da Fundación Carlos Casares, coa que pretende abordar o sector cunha perspectiva transversal, sen perder de vista a relación coa literatura e as súas técnicas, así como as relacións que se establecen con outros sectores culturais e creativos. As Xornadas de Videoxogo e Literatura pretenden, tamén, ampliar o coñecemento público do sector; debullar as perspectivas de crecemento e apuntar retos e desafíos dos seus profesionais.
Nesta quinta edición consolídase a mirada transversal mediante novos contidos para as mesas redondas e os faladoiros (dobraxe, tradución, creación de contidos, procura de accesibilidade, sostibilidade, creación indie, mangas, xogos de mesa e rol, proxectos educativos e formativos, etc.), unha masterclass sobre deseño de diálogos. Como actividade externa, contaremos coa presenza de Elesky, que dará un concerto de piano no cine Salesianos o venres 29 de setembro ás 19.45h. A artista fará un repaso polas bandas sonoras dos videoxogos. A entrada é gratuíta ata cubrir o aforo do recinto. Consolídase tamén a “Desconferencia”, un espazo reservado a calquera persoa interesada en vir falar ata un máximo de 10 minutos da súa experiencia, do seu proxecto creativo no sector do videoxogo, das súas inquedanzas na literatura transmedia, etc. Un micro aberto na que, para poder participar, soamente é necesario apuntarse previamente.
REXISTRO GRATUÍTO
A entrada ás xornadas é de balde. É recomendable, en termos de aforo, que as persoas interesadas se apunten previamente na páxina web das Xornadas: www.videoxogoeliteratura.gal Para a “Desconferencia”, hai un rexistro específico na sección correspondente dentro da mesma páxina.
PROGRAMA
XOVES 28 DE SETEMBRO
10:30hs
Edificio do Marco – Auditorio
INAUGURACIÓN
Arrincan as V Xornadas de Videoxogo e Literatura coa presenza de representantes da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Vigo.
11:00hs
Edificio do Marco – Auditorio
OS INDIES DA TÁBOA REDONDA
Contaremos coa presenza de Qar Dorayo, Elvendwarf2 (Aureole) e máis Elena Figueiro (Umbra).
Carlos vén de recibir o premio ETIV da Universidade de Vigo a mellor xogo en galego, Gerardo chega da GamesCon en Alemaña colleitando recoñecemento con Aureole e Elena é a gañadora con Umbra do premio a mellor integración Arte / Xogo na Kokoro Japan Expo de Vigo.
12:30hs
Edificio do Marco – Auditorio
LINGUA, CULTURA E NOVAS FORMAS DE LECER
Mesturamos nesta mesa a Rebeca Álvarez, que nos falará do seu traballo creando contidos en Youtube como lectora de libros, a María Foscaldo, xornalista, que da vida á Repunante, chegando coas súas aventuras cada día os seus seguidores en TikTok e a Fernando Moreiras, que ven de traducir nin máis nin menos que Baldur’s Gate 3.
16:30hs
Edificio do Marco – Auditorio
MASTER CLASS – DIÁLOGOS PARA VIDEOXOGOS
Directo desde Péndulo Studios, volte Josué Martínez Rodríguez ás Xornadas con “O diálogo non lineal e a sensación de axencia” unha master class na que aprenderemos a deseñar correctamente diálogos para videoxogos, as ramificacións de decisións, planificar a historia e moitas cousas máis.
19:30hs
Edificio do Marco – Auditorio
A VOZ NO AR – A DOBRAXE
Queremos dar voz, nunca mellor dito, ás voces da dobraxe coa participación de Jorge Vigo (Kunda) ao que coñecederes pola voz de Minabo, Julio Lorenzo, inesquecible voz de Son Goku na versión da TVG, e de Teresa Santamaría non menos icónica Chi chi.
VENRES 29 DE SETEMBRO
10:30hs
Edificio do Marco – Galería
PRESENTACION
Camilo Franco, director do Culturgal, falará sobre o papel activo e cultural do videoxogo.
11:30hs
Edificio do Marco – Galería
COMUNICACIÓN: CANTIDADE VS CALIDADE
Javier Bello, redactor en Games Tribune achéganos a importancia da comunicación nos videoxogos, ponderamos a calidade ou a cantidade?
12:30hs
Edificio do Marco – Galería
FALADOIRO – BUSCANDO FINANCIAMENTO
Pablo Monroy é cofundador e responsable de desenvolvemento de negocio no estudio OverPowered Team en Madrid. Falará de como presentar proxectos, falar con inversores, negociar con publishers e moitas cousas máis.
Valeria Castro é a diretora de Platonic Games ademáis de presidenta da DEV, ampla coñecedora do sector o seu estudio ten unha ampla experiencia con publishers e inversoras.
16:00hs
Edificio do Marco – Galería
ESTUDAR VIDEOXOGOS EN CORUÑA E LUGO
Este ano queremos coñecer a realidade da oferta para estudar videxogos en Galicia, e qué outros estudos poden ter que ver con eles. Programamos dúas mesas de debate: na primeira delas estarán Luz Castro, mestra na Universidade da Coruña e presidenta de Videoxogo.gal; Onésimo Juncos, da Universidade de Santiago de Compostela; e un representante do IES Muralla Romana de Lugo.
17:00hs
Edificio do Marco – Galería
ESTUDAR VIDEOXOGOS EN OURENSE E PONTEVEDRA
Na segunda mesa estarán Ramón Méndez, do ETIV da Universidade de Vigo, Beatriz Legerén, integrante do grupo COMTECART da Universidade de Vigo; Xurxo Touris da Escola de Imaxe e Son de Vigo e un representante do IES Carballeira de Ourense.
18:00hs
Edificio do Marco – Galería
O PROXECTO DEVUEGO
Yova Turnes, fundador do proxecto DeVuego, acheganos esta incrible ferramenta que empregan cada día milleiros de persoas, tanto en España como en LatinoAmérica.
18:45hs
Edificio do Marco – Galería
ARUMA STUDIOS: DETRÁS DO GUIÓN
Rubén López, cofundador de Aruma Studios falará sobre facer o guión dentro do estudio ou encargalo fóra.
19:30hs
Porta do Sol de VIGO
Como esta é a quinta edición das Xornadas queremos dar unha sorpresa especial para toda a xente que o longo de estes cinco anos nos estades apoiando. Siiiiii!
Elesky estará en Vigo o día 29 as 19:30 na Porta do Sol de balde, para quen queira ir!
SÁBADO 30 DE SETEMBRO
11:00hs
Edificio do Marco – Auditorio
GALICIA CREATIVA
Estarán na mesa Hugo Botana que é director de proxectos en Lua Gaming, Fátima García, xefa do servizo de Coordinación Estratéxica e Innovación (Xunta de Galicia) e especialista en comunicación alternativa, aumentativa e en estimulación cognitiva, que falará do proxecto Galiverso;e Miguel Areán de PolygoneStudios presentará LearnDigiSteam un proxecto ERASMUS+ de videoxogo para a aprendizaxe STEAM.
12:15hs
Edificio do Marco – Auditorio
MANGA, COSPLAY E XOGOS DE MESA: RETROALIMENTACION NARRATIVA E INFLUENCIA
Se hai un eido no que se mesturan os mundos multiversais é este. Eva Gallardo de Centro Zenryoku, Ramón Piñeiro de Tempus Ludit e Mario González de Kame Comic falarán de todo isto e dos seus proxectos nunha mesa que da continuidade a unha temática con moito exito na edición pasada das Xornadas.
13:30hs
Edificio do Marco – Auditorio
DESCONFERENCIA
Queres contar algo?
Apúntate a desconferencia. O micro é teu durante dez minutos.
Publicaremos as persoas participantes uns días antes do evento.
14:00hs
Edificio do Marco – Auditorio
CLAUSURA
Pecharemos as V Xornadas de Videoxogo e Literatura.
Máis
Hora
28 setembro, 2023 10:30(GMT+01:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes