CIRCO DE NADAL
JORGE PARDO

 Xornadas de Videoxogo e Literatura

28set(set 28)10:30 Xornadas de Videoxogo e LiteraturaFESTIVAIS E FEIRAS | De balde10:30(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

As V Xornadas Videoxogo e Literatura é unha actividade anual da Fundación Carlos Casares, coa que pretende abordar o sector cunha perspectiva transversal, sen perder de vista a relación coa literatura e as súas técnicas, así como as relacións que se establecen con outros sectores culturais e creativos. As Xornadas de Videoxogo e Literatura pretenden, tamén, ampliar o coñecemento público do sector; debullar as perspectivas de crecemento e apuntar retos e desafíos dos seus profesionais.

Nesta quinta edición consolídase a mirada transversal mediante novos contidos para as mesas redondas e os faladoiros (dobraxe, tradución, creación de contidos, procura de accesibilidade, sostibilidade, creación indie, mangas, xogos de mesa e rol, proxectos educativos e formativos, etc.), unha masterclass sobre deseño de diálogos. Como actividade externa, contaremos coa presenza de Elesky, que dará un concerto de piano no cine Salesianos o venres 29 de setembro ás 19.45h. A artista fará un repaso polas bandas sonoras dos videoxogos. A entrada é gratuíta ata cubrir o aforo do recinto. Consolídase tamén a “Desconferencia”, un espazo reservado a calquera persoa interesada en vir falar ata un máximo de 10 minutos da súa experiencia, do seu proxecto creativo no sector do videoxogo, das súas inquedanzas na literatura transmedia, etc. Un micro aberto na que, para poder participar, soamente é necesario apuntarse previamente.

REXISTRO GRATUÍTO

A entrada ás xornadas é de balde. É recomendable, en termos de aforo, que as persoas interesadas se apunten previamente na páxina web das Xornadas: www.videoxogoeliteratura.gal Para a “Desconferencia”, hai un rexistro específico na sección correspondente dentro da mesma páxina.

PROGRAMA

XOVES 28 DE SETEMBRO

10:30hs

Edificio do Marco – Auditorio

INAUGURACIÓN

Arrincan as V Xornadas de Videoxogo e Literatura coa presenza de representantes da Xunta de GaliciaDeputación de Pontevedra e Concello de Vigo.

11:00hs

Edificio do Marco – Auditorio

OS INDIES DA TÁBOA REDONDA

Contaremos coa presenza de Qar DorayoElvendwarf2 (Aureole) e máis Elena Figueiro (Umbra).

Carlos vén de recibir o premio ETIV da Universidade de Vigo a mellor xogo en galego, Gerardo chega da GamesCon en Alemaña colleitando recoñecemento con Aureole e Elena é a gañadora con Umbra do premio a mellor integración Arte / Xogo na Kokoro Japan Expo de Vigo.

12:30hs

Edificio do Marco – Auditorio

LINGUA, CULTURA E NOVAS FORMAS DE LECER

Mesturamos nesta mesa a Rebeca Álvarez, que nos falará do seu traballo creando contidos en Youtube como lectora de libros, a María Foscaldo, xornalista, que da vida á Repunante, chegando coas súas aventuras cada día os seus seguidores en TikTok e a Fernando Moreiras, que ven de traducir nin máis nin menos que Baldur’s Gate 3.

16:30hs

Edificio do Marco – Auditorio

MASTER CLASS – DIÁLOGOS PARA VIDEOXOGOS

Directo desde Péndulo Studios, volte Josué Martínez Rodríguez ás Xornadas con “O diálogo non lineal e a sensación de axencia” unha master class na que aprenderemos a deseñar correctamente diálogos para videoxogos, as ramificacións de decisións, planificar a historia e moitas cousas máis.

19:30hs

Edificio do Marco – Auditorio

A VOZ NO AR – A DOBRAXE

Queremos dar voz, nunca mellor dito, ás voces da dobraxe coa participación de Jorge Vigo (Kunda) ao que coñecederes pola voz de Minabo, Julio Lorenzo, inesquecible voz de Son Goku na versión da TVG, e de Teresa Santamaría non menos icónica Chi chi.

VENRES 29 DE SETEMBRO

10:30hs

Edificio do Marco – Galería

PRESENTACION

Camilo Franco, director do Culturgal, falará sobre o papel activo e cultural do videoxogo.

11:30hs

Edificio do Marco – Galería

COMUNICACIÓN: CANTIDADE VS CALIDADE

Javier Bello, redactor en Games Tribune achéganos a importancia da comunicación nos videoxogos, ponderamos a calidade ou a cantidade?

12:30hs

Edificio do Marco – Galería

FALADOIRO – BUSCANDO FINANCIAMENTO

Pablo Monroy é cofundador e responsable de desenvolvemento de negocio no estudio OverPowered Team en Madrid. Falará de como presentar proxectos, falar con inversores, negociar con publishers e moitas cousas máis.

Valeria Castro é a diretora de Platonic Games ademáis de presidenta da DEV, ampla coñecedora do sector o seu estudio ten unha ampla experiencia con publishers e inversoras.

16:00hs

Edificio do Marco – Galería

ESTUDAR VIDEOXOGOS EN CORUÑA E LUGO

Este ano queremos coñecer a realidade da oferta para estudar videxogos en Galicia, e qué outros estudos poden ter que ver con eles. Programamos dúas mesas de debate: na primeira delas estarán Luz Castro, mestra na Universidade da Coruña e presidenta de Videoxogo.gal; Onésimo Juncos, da Universidade de Santiago de Compostela; e un representante do IES Muralla Romana de Lugo.

17:00hs

Edificio do Marco – Galería

ESTUDAR VIDEOXOGOS EN OURENSE E PONTEVEDRA

Na segunda mesa estarán Ramón Méndez, do ETIV da Universidade de Vigo, Beatriz Legerén, integrante do grupo COMTECART da Universidade de Vigo; Xurxo Touris da Escola de Imaxe e Son de Vigo e un representante do IES Carballeira de Ourense.

18:00hs

Edificio do Marco – Galería

O PROXECTO DEVUEGO

Yova Turnes, fundador do proxecto DeVuego, acheganos esta incrible ferramenta que empregan cada día milleiros de persoas, tanto en España como en LatinoAmérica.

18:45hs

Edificio do Marco – Galería

ARUMA STUDIOS: DETRÁS DO GUIÓN

Rubén López, cofundador de Aruma Studios falará sobre facer o guión dentro do estudio ou encargalo fóra.

19:30hs

Porta do Sol de VIGO

Como esta é a quinta edición das Xornadas queremos dar unha sorpresa especial para toda a xente que o longo de estes cinco anos nos estades apoiando. Siiiiii!

Elesky estará en Vigo o día 29 as 19:30 na Porta do Sol de balde, para quen queira ir!

SÁBADO 30 DE SETEMBRO

11:00hs

Edificio do Marco – Auditorio

GALICIA CREATIVA

Estarán na mesa Hugo Botana que é director de proxectos en Lua Gaming, Fátima García, xefa do servizo de Coordinación Estratéxica e Innovación (Xunta de Galicia)  e especialista en comunicación alternativa, aumentativa e en estimulación cognitiva, que falará do proxecto Galiverso;e Miguel Areán de PolygoneStudios presentará LearnDigiSteam un proxecto ERASMUS+ de videoxogo para a aprendizaxe STEAM.

12:15hs

Edificio do Marco – Auditorio

MANGA, COSPLAY E XOGOS DE MESA: RETROALIMENTACION NARRATIVA E INFLUENCIA

Se hai un eido no que se mesturan os mundos multiversais é este. Eva Gallardo de Centro Zenryoku, Ramón Piñeiro de Tempus Ludit e Mario González de Kame Comic falarán de todo isto e dos seus proxectos nunha mesa que da continuidade a unha temática con moito exito na edición pasada das Xornadas.

13:30hs

Edificio do Marco – Auditorio

DESCONFERENCIA

Queres contar algo?

Apúntate a desconferencia. O micro é teu durante dez minutos.

Publicaremos as persoas participantes uns días antes do evento.

14:00hs

Edificio do Marco – Auditorio

CLAUSURA

Pecharemos as V Xornadas de Videoxogo e Literatura.

Máis

Hora

28 setembro, 2023 10:30(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events