VIALIA
bannerPicnicSesions

Xornada FotoCre-Activa "Mulleres de Vigo en imaxes"

18xuñ11:0018:00Xornada FotoCre-Activa "Mulleres de Vigo en imaxes"ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:00 - 18:00(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

Mariola Mourelo, creadora de @ffotoeduca, guiaranos por este roteiro fotográfico polas rúas de Vigo durante a mañá, coñecendo ás mulleres que as habitaron e recollendo imaxes.Iniciaremos o noso percorrido ás 11:00 no MARCO e chegaremos ao noso local na Rúa Enrique Xabier Macias, 6, ás 14:00, onde poderemos comer todas as participantes. Podese traer a comida ou encargar o menú de Outroconto.

Pola tarde, empregaremos estas imaxes para facer unha relectura dos espazos visitados no pasado e no presente, nun laboratorio creativo que terá lugar na Morada. Realizaremos unha obra colectiva empregando o material, as ideas e reflexións que traemos do roteiro. Será conducido por Fedra Alcaraz, responsable do noso taller artístico.

11:00 Saída do MARCO (Príncipe, 54) – Roteiro fotográfico
14:00 Xantar na Morada (Enrique X. Macías, 6)
16:00 Laboratorio creativo
18:00 Fin da actividade
Esta xornada está financiada pola @Deputación de Pontevedra e as participantes non teñen que pagar nada, excepto o menú se o encargan.O menú é Gazpacho + Pizza vegana con ensalada = 12 euros con bebida e café ou infusión incluídas.

As inscricións son obrigatorias a través deste enlace:  https://forms.gle/ojwShD7w7xjDm2mL7 ou escribindo a este correo: ola@amoradacooperativa.com

Máis

Hora

(Sábado) 11:00 - 18:00(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events