Xoias da Idade Antiga

31mai19:00Xoias da Idade AntigaACTIVIDADES PARA O COCO| De balde 19:00(GMT+02:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

A base da ourivaría e o traballo cos metais preciosos descubriuse e desenvolveuse na Idade Antiga, 3.000 anos antes de Cristo. Técnicas que actualmente podemos pensar que son moi modernas ou moi dificultosas xa se empregaban en Mesopotamia ou Exipto, e a través de obras feitas por estas culturas analizaremos os modelos estéticos, os materiais e as técnicas e ferramentas que empregaban, sorprendéndonos pola calidade técnica dos seus traballos.