bannerGaliciaIlusiona
bannerGFFF

30dec17:00Xincana científica con Ceo AbertoPEQUERRECHOS | De balde17:00 Museo Verbum

Xincana científica con Ceo Aberto

A actividade consistirá nunha xincana baseada en contidos científico tecnolóxicos que se complementará cunha actividade para o fomento do galego entre a mocidade. Así, cada participante levará a cabo catro actividades, nas que ao finalizar deberá selar unha tarxeta de ”investigador-investigadora galego-a”, a modo de compostelá; ao completar a súa ruta de aprendizaxe recibirán un pequeno presente. Para facer a actividade o máis atractiva posible, todas as propostas estarán ligadas ao N adal, con contidos educativos axustados a idade dos participantes.

Idade: a partir de 7 anos

Actividades:

  • ADORNOS DE NADAL 3D: Utilizando bolígrafos de impresión 3D, crearemos artísticos adornos para o árbore ou a nosa casa inspirados en conceptos do Nadal. Ao finalizar, os participantes poderán levar o resultado das súas creacións.
  • RETOS CIENTÍFICOS DE NADAL: Cada participante deberá levar a cabo pequenos retos científicos que acreditarán a súa valía como investigador. As actividades a desenvolver serán:
    • Uso do material de laboratorio. Cunha micropipeta pasteur, deberán colocar nunha moeda un mínimo de 25 pingas de auga.
    • Creación dun compás.
    • Construción dun motor homopolar de Nadal. Desenvolveremos un proxecto no que crearemos un elemento de Nadal elaborado co motor máis sinxelo do mundo. E poderemos levalo como agasallo!
  • FACEMOS UNHAS GAFAS PARA VER 3D: A actividade consiste en crear unhas lentes de cartón con lentes azul – vermello, como se facía nos inicios do uso da visión 3D para, posteriormente, preparar imaxes para a súa visión. Antes da fabricación do noso trebello faremos diferentes actividades científicas baseadas en ilusións ópticas e xogos de percepción para comprender como funciona a visión humana e a nosa percepción. Unha vez feitas, pasaremos a decoralas con elementos relacionados co Nadal.
  • CANTO SABEMOS DE GALEGO?: Toda e todos os participantes poderán gozar dunha actividade máis. Un reto sobre a nosa lingua no que deberán demostrar os seus coñecementos coa superación dunha proba adaptada á súa idade.
    • Debuxar unha figura segundo a proposta
    • Resolver un encrucillado
    • Resolver unha sopa de letras

PROGRAMA NO NADAL, UN CONTO

Mércores 22
– 18h: ‘Antón e o Apalpador’ Barafunda (AV Casco Vello)

Xoves 23
– 11.30h: ‘As nosas árbores’ Diego García ‘Miudiño’ (Mercado de Teis)
– 11.30h: ‘Arrolos e cantos no colo’ Luis Prego (Auditorio Municipal do Concello)
– 11.30h: ‘O país da choiva’ Miguel Anzo Alonso Diz (AV A Miñoca)
– 12h: ‘Regueifas’ (Mercado das Travesas)
– 17h: Xornada de xogos de mesa con Brazolinda (Verbum)

Venres 24
– 11.30h: ‘Cantacontos Sons da batea’ Barafunda (Mercado do Progreso)

Domingo 26
– 12h: ‘Gran xogo das Letras Galegas’ Eduvía (Verbum)

Luns 27
– 11h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Oficina Municipal de Distrito de Teis)
– 11.30h: ‘Paxariños’ Trinke Trinke teatro (Auditorio Municipal do Concello)
– 17.30h: ‘Antón e o Apalpador’ Barafunda (AV A Miñoca)
– 17.30h: ‘Contos de mazapán’ Nanda Misa (AV Casco Vello)
– 17.30h: ‘Paxariños’ Trinke Trinke teatro (Verbum)

Martes 28
– 11.30h: ‘Arrolos e cantos no colo’ Luis Prego (Auditorio Municipal do Concello)
– 12h: ‘Regueifas’ (Mercado do Calvario)
– 17h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Pavillón do Romil)
– 17h: ‘Xincana científica’ (Verbum)

Mércores 29
– 11h: ‘Eira Xandobeleira’ Xandobela (CVC Valladares)
– 11.30h: ‘O país da choiva’ Miguel Anxo Alonso Diz (Casa da Xuventude)
– 11.30h: ‘Cantacontos Sons da batea’ Barafunda (Mercado do Calvario)
– 12h: ‘Regueifas’ (Mercado do Progreso)
– 17h: ‘ Eira Xandobeleira’ Xandobela (Verbum)
– 17h: ‘Xornada de xogos de mesa’ Brazolinda (Auditorio Municipal do Concello)

Xoves 30
– 11h: ‘Imos cantar o Nadal!’ Xandobela (AV Casco Vello)
– 11h: ‘Contos de mazapán’ Nanda Misa (Oficina Municipal de Distrito de Bouzas)
– 11.30h: ‘Animais artistas e outras cousiñas’ Iván Davila Grande (Mercado do Calvario)
– 11.30h: ‘Regueifas’ (Mercado de Teis)
– 17h: ‘Xincana científica’ Ceo Aberto (Verbum)
– 17.15h: ‘Imos cantar o Nadal!’ Xandobela (Oficina Municipal de Distrito de Bouzas)
– 17.30h: ‘O país da choiva’ Miguel Anxo Alonso Diz (Centro parroquial S. Xosé Obreiro)

Venres 31
– 11.15h: ‘Son no berce’ Cova das letras (Auditorio Municipal do Concello)
– 11.30h: ‘Periplo Atlántico’ Polo correo do vento (Mercado das Travesas)
– 12.30h: ‘Son no berce’ Cova das letras (Auditorio Municipal do Concello)

Domingo 2
– 12h: ‘Gran xogo das Letras Galegas’ Eduvía (Verbum)

Luns 3
– 11h: ‘En galego mola!’ Eduvía (CVC Valladares)
– 11.30h: ‘Eira Xandobeleira’ Xandobela (Oficina Municipal de Distrito de Teis)
– 11.30h: ‘Imos cantar o Nadal!’ Xandobela (Asociación de Comerciantes do Calvario)
– 16.30h: ‘Imos cantar o Nadal!’ Xandobela (AV Novo Vigo – Navia)
– 17h: ‘Xornada de xogos de mesa’ Brazolinda (Verbum)
-17.15h: ‘O país da choiva’ Miguel Anxo Alonso Diz (Oficina Municipal de Distrito de Bouzas)
– 18h: ‘O soño dos golfiños’ Urdime (Oficina Municipal de Distrito de Teis)

Martes 4
– 11.30h: ‘Animais artistas e outras cousiñas’ Iván Davila Grande (Mercado do Progreso)
– 11.30h: ‘Xincana científica’ Ceo Aberto (Auditorio Municipal do Concello)
– 11.30h: ‘Cantacontos Sons da batea’ Barafunda (Mercado das Travesas)
– 17h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Pavillón deportivo de Bouzas)
– 17h: ‘Son no Berce’ Cova das Letras (Verbum)
– 18.15h: ‘Son no Berce’ Cova das Letras (Verbum)

Mércores 5
– 11.30h: ‘Cantos e contos de Nadal en familia’ Luis Prego (Casa da Xuventude)

Venres 7
– 17h: ‘Contos na lareira’ Iván Davila Grande (Auditorio Municipal do Concello)
– 17h: ‘Xincana científica’ Ceo Aberto (Verbum)
– 18h: ‘A voar’ Cé, orquestra pantasma (Oficina Municipal de Distrito de Teis)

Sábado 8
– 11.30h: ‘Cantacontos Sons da batea’ Barafunda (Mercado de Teis)
– 11.30h: ‘ Gran xogo das Letras Galegas’ Eduvía (Auditorio Municipal do Concello)
– 12.30h: ‘Arrolos e cantos no colo’ Luis Prego (Verbum)
– 17.30h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Parque Nelson Mandela Navia)

Domingo 9
– 12h: ‘Gran xogo das Letras Galegas’ Eduvía (Verbum)
– 17.30h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Parque Nelson Mandela Navia)

Máis

Hora

(Xoves) 17:00

Localización

Museo Verbum

Av. Samil, 17, 36212 Vigo, Pontevedra

X