
24xuñ21:30Xhamain CONCERTOS | Desde 8,00€21:30(GMT+02:00) Sala Master Club
Detalles do eventos
Xhamain presentará este próximo venres, día 24 de xuño, o seu primeiro traballo chamado “Na Alma” na Sala Master de Vigo. Na súa música, o
Detalles do eventos
Xhamain presentará este próximo venres, día 24 de xuño, o seu primeiro traballo chamado “Na Alma” na Sala Master de Vigo.
Na súa música, o sexteto vigués, mistura de forma moi orixinal diversos elementos da música tradicional galega co metal gótico e sinfónico, creando unha interesante proposta que non deixa a ninguén indiferente.
Gaitas eléctrónicas e guitarras distorsionadas, voces delicadas e cheas de enerxía, letras sensibles e desgarradoras. Un contraste de emocións nun estilo único e cautivador.
Este álbum, masterizado polo mundialmente coñecido enxeñeiro Tony Lindgren, é o primeiro dunha triloxía xa totalmente escrita chamada “No Ser”, na que xa se está traballando para a súa segunda parte, que ten prevista a súa saída nos próximos meses.
Estarán acompañados polos tamén vigueses Losto Kinsky e as súas versións traducidas ó galego dos mellores himnos do rock de tódolos tempos.
Máis
Hora
24 xuño, 2022 21:30(GMT+02:00)
Localización
Sala Master Club
Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual