VIALIA

Xeosónica

26xuñ12:00XeosónicaARTE E MUSEOS | De balde12:00(GMT+02:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

O Museo do Mar de Galicia acolle a estrea deste proxecto, apoiado polo Ministerio de Cultura, o próximo 26 de xuño coa presenza dos creadores de varias das pezas audiovisuais e sonoras que compoñen ‘Xeosónica’. O próximo domingo, 26 de xuño, terá lugar a presentación pública de ‘Xeosónica’, un proxecto transmedia que xira ao redor dos sons presentes no Atlántico cun enfoque artístico e experimental. O Museo do Mar de Galicia, en Vigo, será o escenario no que se poderá ver por vez primeira o contido deste proxecto producido por Undodez e que conta coa participación do Ministerio de Cultura e Deporte. O acto terá lugar na terraza do Museo do Mar de Galicia a partir das 12.00 horas e contará coa estrea da curtametraxe experimental ‘MMRRSSMM… (As músicas dos ruídos dos sons do mar)’, coa presenza do director da peza, Andrés Mahía. Farase tamén a presentación de xeosonica.gal, a plataforma que conterá todo o material que compón este proxecto, deseñado como un puzzle arredor da experiencia sonora. Para finalizar, tres dos artistas sonoros participantes: Carlos Suárez, Juanma LoDo e Marco Maril, presentarán en directo as súas creacións, feitas a partir de sons recollidos durante o proceso de creación do proxecto. A asistencia a este acto, que terá un marcado caracter festivo, é libre ata completar a capacidade do recinto.

Máis

Hora

(Domingo) 12:00(GMT+02:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events