X Festival Kerouac

21out(out 21)19:0025(out 25)20:00X Festival KerouacFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:00 - 20:00 (25)(GMT+02:00)

Detalles do eventos

O Festival Kerouac de poesía e performance vese obrigado a adaptarse aos novos tempos, polo que esta décima edición mesturará eventos presenciais e telemáticos. Sobre os primeiros, o 21 de outubro (día da morte do poeta Jack Kerouac) haberá un recital no Muro dxs poetas, espazo creado polo festival na rúa Londres, nun dos laterais do MARCO. Será unha representación do Vigopoetico composta nesta ocasión por Graciela Baquero Ruibal, Francisco Álvarez Koki, Oriana Méndez, Anna R. Figueiredo, María Villar, El lobo está aquí, Nicole Doural, Iria Bragado, Constance Hurlé, Lupita Hard e Malvares de Moscoso.

O segundo acto presencial será o xa coñecido Poemóbil, que percorrerá e encherá as rúas de poesía do mércores 21 ao sábado 24. Este ano, debido á pandemia, non haberá poetas no seu interior, pero si poemas en audio enviados por artistas de todo o mundo para a cidade de Vigo.

Nas redes, o festival expón catro eventos: o xoves 22 unha mesa redonda de editoriais de España e América, onde se falará do estado actual da poesía; o venres 23 un recital con poetas de todo o mundo vía Zoom, coa participación entre outras da neoiorquina Mercy Tullis–Bukhari, a galega Lúa Mosquetera, o mítico Roger Santivañez desde Washington ou o poeta das Azores Antonio Neves; o sábado 24 haberá unha mostra de performance, con Montengro Fisher desde Londres, a inclasificable Lola Nieto ou a viguesa Iria Medraño; o domingo 25, para clausurar o festival, un livestreaming de música picada polo dj e melómano vigués Mateo Fixemberg, que expón a súa sesión musical como un poema.

Máis

Hora

21 (Mércores) 19:00 - 25 (Domingo) 20:00(GMT+02:00)