REVISTA ABRIL

WHITE BATS + Thee Blind Crows

14mai21:00WHITE BATS + Thee Blind CrowsCONCERTOS | 10,00€21:00(GMT+02:00) Radar Estudios

Detalles do eventos

A banda galega White Bats regresa a Galicia tras estrear o seu novo single ‘Panic Attack’ o pasado 5 de maio con dúas datas consecutivas o venres 13 de maio en Ourense e o sábado 14 en Vigo.

Mellor imposible. White Bats, coa produción prodixiosa de Jordan Lawlor (M83) e masterizados coa precisión de Shuta Shinoda (Hot Chip, Digitalism, Spiritualized), elévanse ao seguinte nivel impulsándose ao futuro. O son do álbum, condensado en Panic Attack: sentirás mellor despois de escoitala.

É o segundo single que avanza o álbum ”Suzaku” e soa a himno desde o primeiro momento, elevando a túa temperatura emocional: sintetizadores ochenteros que soan futuristas, melodías e atmosferas adherentes e voluptuosas, guitarras de seda abrasiva, bases rítmicas sólidas e bailables, para culminar coa profundidade vocal carismática que envolve textos sobre medos íntimos que se deben superar.

O material sonoro extraordinario de White Bats brilla nas mans do produtor Jordan Lawlor (Los Ángeles), peza esencial no son de M83 desde 2011. O acabado final é o resultado da inspiración artesá de Shuta Shinota (Londres) na masterización. Unha nova era para o son White Bats que nos mantén alerta e atentos aos próximos lanzamentos que conformarán o firmamento de “ Suzaku”. En directo a súa forza escura e mántrica desprégase con intensidade bailable.

Máis

Hora

(Sábado) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events