WAGNER. MUJERES Y DIOSAS 

01out20:00WAGNER. MUJERES Y DIOSAS CONCERTOS | 20,00€20:00(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

Primeiro Concerto da nosa tempada, “Wagner. Mujeres e Deusas” que se celebrará no Auditorio do Teatro Afundación o 1 de outubro ás 20,00 horas. No mesmo, Maribel Ortega – Brünnhilde (Siegfried) e Helmwige (Die Walküre) en Oviedo e Senta (Der fliegende Holländer) en Santiago de Compostela e Vigo – fará un repaso da presenza feminina na obra de Richard Wagner.

Na primeira parte do devandito recital, gozaremos do temperán ciclo de 3 cancións “Trois Mélodies”, composto en 1.939 e dos “Wesendonk Lieder”. Mentres traballaba no primeiro acto de Tristán, no inverno de 1.857, Wagner puxo voz e piano a 5 poemas do seu entón, amante e musa, Mathilde Wesendonck quen, nas súas memorias, manifestou que lles daba, coa súa música, unha suprema “transfiguración e consagración” aos seus poemas. Neles, está o xerme musical de “Tristán e Isolda”.

A segunda parte do concerto está dedicado a algunhas das grandes heroínas femininas da produción operística de Wagner. Elisabeth, ao comezo do acto II de “Tannhäuser”, manifesta o seu entusiasmo #ante o regreso do protagonista na Sala dos Cantores de Wartburg. Brünhilde, expón a súa felicidade pola presenza de Sigfrido e a súa melancolía pola perda da súa condición divina. Acabamos co canto de Isolda e coa súa delicada transfiguración para unirse, espiritualmente, con Tristán nunha procura da unión completa, máis aló da existencia física, ata lograr o amor pleno e absoluto transcendendo o mundo terreal.

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+02:00)