VIALIA
bannerPicnicSesions

Encordass Fiddle Fest

03xul16:30Encordass Fiddle FestFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 35,00€16:30(GMT+02:00) Illa de San Simón

Detalles do eventos

Encordass Fiddle Fest é un festival especializado na música de corda. Co violín como fío condutor, explora as conexións da música popular e de raíz en diferentes culturas, fusionando artistas internacionais con música galega nun espazo natural tan especial como é a Illa de San Simón.
É un evento que achega o violín ao público, desmontando o tópico social que relega este instrumento á esfera formal da música clásica. Encordass Fest chega para demostrar que o violín é accesible, plural, versátil, divertido, fiestero e, por suposto, festivaleiro!
A edición 2022 estará adicada ás músicas populares de Brasil, que se darán a man coa música folk galega conformando un espectáculo polo que pasarán tanto solistas consagrados como bandas emerxentes, e que terá como colofón a actuación da Orquestra Encordass, con preto de cincuenta músicos sobre o escenario.
Os asistentes poderán gozar das actuacións musicais cun orixinal plantexamento, onde será o propio público quen decida qué artistas quere ver, dentro dun abanico de pequenos concertos simultáneos distribuídos pola illa nun formato íntimo e acústico, onde primará a proximidade ao escenario e a posta en valor da contorna.
Tras o solpor, terá lugar no escenario principal do Campo das Alocucións o concerto final, coa participación de todos os artistas xunto coa orquestra de corda do festival. Filpo Ribeiro, Alisson Lima, Ricardo Herz & Vanille Goovaerts, Pärbo ou Caldo son algúns dos artistas que forman parte do cartel desta edición.
Encordass Fiddle Fest tamén é toda unha experiencia cultural, na que os asistentes poderán gozar de visitas guiadas á Illa de San Simón, demostracións de capoeira, mostras de luthería, e ata un espazo onde poder experimentar a sensación de tocar un violín por primeira vez. Ademais, haberá actividades gastronómicas como un showcooking patrocinado por Cervezas Alhambra, degustacións de produtos galegos ou unha cata de viño da man da adega Terras Gauda.
O acceso ás diferentes actividades estará suxeito ao tipo de entrada, tendo así diferentes modalidades e rango de prezos a escoller. As entradas están á venda a través da plataforma Eventbrite, e inclúen o desprazamento en barco desde o peirao de Meirande (Rande) á Illa de San Simón.

Máis

Hora

(Domingo) 16:30(GMT+02:00)

Localización

Illa de San Simón

Illa de San Simón, Pontevedra

Other Events