REVISTA ABRIL

Voces da cidade

21mar19:00Voces da cidadeACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Detalles do eventos

Cun evento que leva por nome “Voces da cidade”, celebrarán en Vigo o día Internacional da Poesía o próximo 21 de marzo un variado grupo de poetas da cidade olívica, entre os que se atopa a actriz hispano cubana Orisel Gaspar radicada na cidade desde 2004.

O encontro será ás 19 horas na Biblioteca Neira Vilas, cun recital poético no que lerán e/o musicalizarán os seus textos líricos, Lola Villar enfermeira e docente retirada, implicada co voluntariado quen colaborou ao longo da súa vida con distintas ONG como Médicos do Mundo e dedica a súa vida á escritura e á pintura; Orisel Gaspar, poeta, actriz de cinema, teatro e televisión, compositora e profesora de Interpretación e de Oratoria, quen recibiu importantes premios ao longo da súa carreira artística; Montse Copa, poeta viguesa quen participou en eventos da cidade como o Recital poético Desfilando sombras ou “Aute canta a Oroza”, gañadora do slam poético da I Semana poética Victoriano Taibo.

Estarán ademais Esther Maradentro poeta e escritora; Raquel Fernández poeta; Pablo Vila cantautor, músico e escritor en galego e castelán, publicou varios libros; María Álvarez Landesa autora de Como dúas cebras; Andreia Costas, terapeuta craneosacral biodinámica e escritora; Felix Caballero Wangüemert escritor e humorista, licenciado en Ciencias da Información (Xornalismo), investigador sobre o humor e autor de dez libros; Oriana Méndez filóloga, poeta e política, publicou varios libros e obtivo diversos premios.

A xornada contará tamén coa voz e a guitarra de Pedro Román Company poeta e cantautor, profesor e deseñador de Interiores, fundador da Escola de Deseño Aula D, quen ademais de interpretar as súas propias cancións, puxo música a diversos poetas españois; Isabel Branco escritora; Isolda Comesaña Alcaraz actriz, Samuel Merino licenciado en Filosofía, poeta e actor, e Iria Medraño poeta que colabora coa banda de Rap galega Rebeliom do Inframundo, autora de Dá raíz do corazón.

O martes 21 ás 19:00 horas na Biblioteca Xosé Neira Vilas.

Máis

Hora

(Martes) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events