REVISTA ABRIL

Visita Guiada ao Roteiro femenino

11mar11:00Visita Guiada ao Roteiro femeninoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:00(GMT+01:00) Paseo Alfonso XII

Detalles do eventos

Para celebrar o Día Internacional da Muller o Consello Municipal da Muller organiza unha serie de actos baixo o lema “Nin un paso atrás nos nosos dereitos”. Estes actos duran dende o día 7 ata o 18.

O sábado 11 arranca cun roteiro feminino a cargo de María Casar que leva por nome Sons de Mulleres. O punto de saída é o Paseo de Alfonso ás 11:00 horas.

O roteiro realiza un percorrido por quince puntos situados fundamentalmente no casco histórico da cidade, nos que, dun ou doutro xeito, as mulleres deixaron a súa pegada e a súa contribución á identidade de Vigo, aínda que a propia historia da cidade as teña silenciadas.

PROGRAMACIÓN.

Mércores 8. Manifestación desde Praza España ás 20h.

Xoves 9. Recital aberto de poesía de xénero na Casa Galega da Cultura ás 19h.

Sábado 11. Visita guiada ao roteiro feminino ‘Sons de mulleres’ desde o Paseo de Alfonso ás 11h.

Martes 14. Proxección do filme ‘La boda de Rosa’ no Auditorio Municipal ás 20h.

Mércores 15. Proxección do filme ‘Retrato de una mujer en llmamas’ no Auditorio Municipal ás 20h.

Xoves 16. Presentación da obra de teatro ‘As que limpan’ no Auditorio Municipal ás 20h.

Sábado 18. Actuación musical do grupo ‘Habelas Hainas’ no salón de actos do MARCO ás 20h.

Máis

Hora

(Sábado) 11:00(GMT+01:00)

Localización

Paseo Alfonso XII

Paseo de Alfonso XII, 3, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events