
Este é un evento repetitivo16 decembro, 2022 17:30
Visita guiada á fábrica de Santa Claus
Detalles do eventos
O centro comercial Travesía celebra o Nadal cunha gran proposta mediante a cal, do 9 ao 23 de decembro, Santa Claus e os seus trasgos chegan a Vigo
Detalles do eventos
O centro comercial Travesía celebra o Nadal cunha gran proposta mediante a cal, do 9 ao 23 de decembro, Santa Claus e os seus trasgos chegan a Vigo para instalar a súa fábrica de maxia, nun local da planta 1 do recinto comercial.
Todos os nenos e nenas poderán visitar de balde a Fábrica de Santa Claus, nunha visita guiada polos seus trasgos máxicos e na que percorrerán seis espazos temáticos aprendendo distintas habilidades para conseguir o seu carné oficial de trasgo.
A oficina postal, a fábrica de agasallos ou a zorra de Santa Claus son algúns dos espazos temáticos dos que poderán gozar, ademais de diferentes sorpresas. A visita finalizará na mismísima Cabana de Santa Claus, onde os nenos poderán coñecelo en persoa, facerse unha foto con el e recibir o seu carné de trasgo das mans de Santa.
A actividade ten unha duración media aproximada de 30 minutos por grupo e a idade recomendada é a partir dos 3 anos. Todos os menores de idade deberán ir acompañados por un adulto que á súa vez poderá reservar para un máximo de 3 nenos.
É preciso inscrición previa xa que o aforo é limitado, a través da web www.cctravesia.com
HORARIOS
- Venres 9 de 17:30 a 20:10
- Sábado 10 de 12:00 a 13:30 e de 17:30 a 20:10
- Domingo 11 de 12:00 a 13:30 e de 17:30 a 20:10
- Venres 16 de 17:30 a 20:10
- Sábado 17 de 12:00 a 13:30 e de 17:30 a 20:10
- Domingo 18 de 12:00 a 13:30 e de 17:30 a 20:10
- Venres 23 de 17:30 a 20:10
Máis
Hora
9 decembro, 2022 17:30(GMT+01:00)
Localización
CC Travesía de Vigo
Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra
- Mes actual