bannerRevistaOnline

Este é un evento repetitivo

10dec(dec 10)12:0011(dec 11)20:10Visita guiada á fábrica de Santa ClausPEQUERRECHOS | De balde12:00 - 20:10 (11) CC Travesía de Vigo

Visita guiada á fábrica de Santa Claus

O centro comercial Travesía celebra o Nadal cunha gran proposta mediante a cal, do 9 ao 23 de decembro, Santa Claus e os seus trasgos chegan a Vigo para instalar a súa fábrica de maxia, nun local da planta 1 do recinto comercial.

Todos os nenos e nenas poderán visitar de balde a Fábrica de Santa Claus, nunha visita guiada polos seus trasgos máxicos e na que percorrerán seis espazos temáticos aprendendo distintas habilidades para conseguir o seu carné oficial de trasgo.

A oficina postal, a fábrica de agasallos ou a zorra de Santa Claus son algúns dos espazos temáticos dos que poderán gozar, ademais de diferentes sorpresas. A visita finalizará na mismísima Cabana de Santa Claus, onde os nenos poderán coñecelo en persoa, facerse unha foto con el e recibir o seu carné de trasgo das mans de Santa.

A actividade ten unha duración media aproximada de 30 minutos por grupo e a idade recomendada é a partir dos 3 anos. Todos os menores de idade deberán ir acompañados por un adulto que á súa vez poderá reservar para un máximo de 3 nenos.

É preciso inscrición previa xa que o aforo é limitado, a través da web www.cctravesia.com

HORARIOS

  • Venres 9 de 17:30 a 20:10
  • Sábado 10 de 12:00 a 13:30 e de 17:30 a 20:10
  • Domingo 11 de 12:00 a 13:30 e de 17:30 a 20:10
  • Venres 16 de 17:30 a 20:10
  • Sábado 17 de 12:00 a 13:30 e de 17:30 a 20:10
  • Domingo 18 de 12:00 a 13:30 e de 17:30 a 20:10
  • Venres 23 de 17:30 a 20:10

Máis

Hora

10 (Sábado) 12:00 - 11 (Domingo) 20:10

Localización

CC Travesía de Vigo

Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra

X