VIALIA
bannerPicnicSesions

Visions of Johanna

05nov21:30Visions of JohannaCONCERTOS | Desde 8,00€21:30(GMT+01:00) Sinatra Coctel Bar

Detalles do eventos

Visions of Johanna sóbense ao escenario da sala Sinatra de Vigo para presentar os temas do seu primeiro disco ‘Visions of Johanna’ (Entrebotones 2022) xunto a varios músicos amigos e colaboradores e iniciar así os concertos de presentación do seu debut.

Visions of Johanna (nome tomado dunha canción de Bob Dylan) comezou como un proxecto do irlandés Paul Clarke e o vigués Jorge Lorenzo, dous experimentados músicos que se xuntaron no verán de 2020 polo simple pracer de facer música e compartir as súas cancións compostas ao longo dos últimos anos. Tras un ano de concertos a dúo, no verán de 2022 pasan ao formato grupo coa incorporación de Mario Riobo ao baixo e Jose Calvo á batería.

En setembro de 2022 publícase o seu primeiro disco homónimo composto por 10 temas que beben de distintas influencias que se moven entre a tradición americana e o pop británico.

Sábado 5 ás 21:30

Entradas á venda en www.woutick.es

Máis

Hora

(Sábado) 21:30(GMT+01:00)

Localización

Sinatra Coctel Bar

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events