
Detalles do eventos
Despois dos incendios forestais de 2017 a Comunidade de Montes de Vincios decidiu dar un xiro a súa xestión e crear o proxecto Vincios Verde. Nesta iniciativa englóbanse
Detalles do eventos
Despois dos incendios forestais de 2017 a Comunidade de Montes de Vincios decidiu dar un xiro a súa xestión e crear o proxecto Vincios Verde. Nesta iniciativa englóbanse accións culturais, educativas, deportivas, turísticas, económicas e produtivas. Este sábado, 30 de xullo, arranca Vincios Verde Cultural; unha serie de actividades culturais que terán lugar os sábados na Casa Reitoral e que serán totalmente gratuítas.
O espectáculo musical ‘A música das árbores’ de Servando Barreiro inaugurará a primeira sesión do ciclo o sábado a partir das 17:15h. A continuación, arredor das 18:30h, Xosé Lois Vilar falaranos da arte ruprestre no Galiñeiro e para finalizar a xornada Caspervek musicalizará en directo o filme mudo ‘Nanuk o esquimó’ a partir das 21:00h.
Máis
Hora
30 xullo, 2022 17:00(GMT+02:00)
Localización
Casa Reitoral de Vincios
Lugar Hervillas, 5, 36316 Gondomar, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual