REVISTA ABRIL

VIII Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple

22nov(nov 22)00:0029(nov 29)23:59VIII Carreira Solidaria pola Esclerose MúltipleACTIVIDADES DEPORTIVAS | Desde 5,00 €00:00 - 23:59 (29)(GMT+01:00)

Detalles do eventos

A VIII Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple celebrarase por primeira vez na modalidade virtual, debido á situación provocada pola COVID-19. As actuais medidas de protección e prevención impulsaron á Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple a reinventarse e buscar novas posibilidades para sacar adiante este evento deportivo en formato virtual. Conseguindo transformar a carreira nunha experiencia individual que grazas á tecnoloxía poderase compartir de forma colectiva en tempo real.

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple mantén as modalidades competitivas das anteriores edicións: dúas carreiras de 5 e 10 quilómetros e engade unha nova “ andaina” na modalidade non competitiva; ofrecendo “ andainas” de 5 e de 10 quilómetros para os que estean interesados en participar camiñando.

As inscricións xa están abertas e a competición prolongarase durante unha semana, iniciándose o domingo 22 de novembro ás 0.00 horas e finalizando o seguinte domingo 29 de novembro ás 23.59 horas. O rexistro dos participantes pode realizarse ata o 28 de novembro de forma dixital a través do portal de Laptime (https://laptime.es/carreras/viii-carrera-solidaria-por-la-esclerosis-multiple-virtual/), empresa encargada do control técnico da carreira. Os participantes da carreira terán acceso a unha aplicación móbil que funcionará como chip de cronometraxe. A “App” rexistrará o tempo alcanzado por cada participante e compartirao de maneira instantánea na web de clasificacións.

SEN FRONTEIRAS NIN LÍMITE DE TEMPO

Dentro do período de celebración da VIII Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple, do 22 ao 29 de novembro, os participantes poden elixir o día, a hora e o lugar onde realizarán a proba. Por primeira vez a carreira solidaria traspasará fronteiras e poderase desenvolver fóra de Vigo, non só noutra cidade diferente senón tamén en calquera outro país, sempre tendo en conta as restricións de mobilidade específicas do lugar. Ademais, a cronometraxe por xeolocalización da aplicación permite que non haxa límite de tempo para completar a proba que non finaliza ata que o participante alcance a distancia seleccionada. Na web da carreira os interesados poden atopar toda a información detallada sobre a mesma.

Debido ás circunstancias especiais desta edición, os interesados en adquirir a camiseta da carreira terán que indicalo no momento da inscrición e non poderán adquirila posteriormente como nas edicións anteriores. Tamén se habilitou un “Dorsal 0” para todas as persoas que, sen participar na carreira, queiran colaborar coa causa. O evento xa era un alicerce fundamental para o mantemento dos servizos ofrecidos por AVEMPO pero este ano, debido á redución de ingresos como consecuencia da situación xerada polo Coronavirus, a participación social e solidaria é máis importante e necesaria que nunca. Coa carreira, AVEMPO tamén busca difundir o labor que fai a asociación e sensibilizar á sociedade
sobre a Esclerose Múltiple, unha enfermidade que afecta cada vez máis á xente nova.

Máis

Hora

22 (Domingo) 00:00 - 29 (Domingo) 23:59(GMT+01:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!