VII MiúdoFest: María Fumaça

16mai18:30VII MiúdoFest: María FumaçaPEQUERRECHOS | De balde18:30(GMT+02:00) Centro Cultural As Pedriñas

Detalles do eventos

Do luns 15 ao mércores17 o CSCD As Pedriñas (Mos) celebra a VII edición do Miúdo Fest ‘Un festival para persoas de mediana estatura’. Un evento adicado a achegar a cultura galega aos máis pequenos a través de concertos e obradoiros que son de entrada libre.

Programa:

MARTES 16, 18.30 h – MARÍA FUMAÇA, Cantar e bailar para ser máis feliz.

Unha viaxe a través da música onde o seu protagonista, o maquinista Rui condúcenos a un mundo musical que nos descubre valores como a solidariedade, a alegría, a comprensión e a normalización da diversidade funcional. Un concerto con moito humor e moito ritmo.

MÉRCORES 17, 12:00 h – OBRADOIRO DE PERSCUSIÓN CON MATERIAL DE REFUGALLO

Un divertido e singular obradoiro que achegan ás crianzas ao mundo da música e conciencia sobre a importancia de coidar o medio ambiente e aproveitar e reutilizar os residuos.

MÉRCORES 17, 15:30 h – OBRADOIRO DE ESTAMPADO DE CAMISOLAS

Leva a túa camiseta para estampar a imaxe do Miúdo fest.

MÉRCORES 17, 17:30 h – PAKOLAS ‘A RAMONA PEQUENA VAI Á LÚA’

Pakolas presenta nesta edición do Miúdo o seu terceiro traballo en solitario de Pakolas, ‘A Ramona
Pequena vai á lúa’, unha nova entrega das historias da súa labrega inventora favorita, Ramona Órbita, e desta volta a máquina do tempo lévanos á súa infancia.

Viaxa coa Ramona pequena dende os seus pensamentos ata a Lúa, dende as súas inquedanzas ata as súas xenialidades e dende o seu maxín ata onde queiras chegar. Quebra os límites con nós nesta nova aventura rockeira!

MÉRCORES 17, 18:30 h UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

Uxía Lambona e a Banda Molona é unha banda musical infantil que ten o obxectivo de facer cantar e bailar coma toliños a todos os nenos e nenas, achegándolles a música tradicional galega dun xeito atractivo para eles, cambiando estilos musicáis, letras…, e temas propios sempre en galego.

Máis

Hora

(Martes) 18:30(GMT+02:00)

Localización

Centro Cultural As Pedriñas

Other Events