Este é un evento repetitivo16 marzo, 2022 20:00
VII Festival Nas Ondas
17mar20:00VII Festival Nas OndasFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+01:00) Auditorio Martín Códax
Detalles do eventos
Nova semana de concertos no VII Festival Nas Ondas NAS ONDAS ofrece unha programación igual de variada e interesante que en pasadas edicións, pero reforzando
Detalles do eventos
Nova semana de concertos no VII Festival Nas Ondas
NAS ONDAS ofrece unha programación igual de variada e interesante que en pasadas edicións, pero reforzando nesta edición tanto o seu perfil internacional como a aposta pola música de compositores galegos.
O festival oferta un amplo número de concertos, pero tamén conta con destacados relatorios
e clases maxistrais. Como ven sendo habitual, se articula en distintos ciclos: Semana da Música Antiga, De
Piano, III Semana Internacional do Clarinete, PercusiónFest, Saxornadas, Explurart, Abrente e Semana das
Letras Galegas.
O profesorado da Academia de Música da Universidade de Sarajevo, deleitaranos con 2 concertos os días 16 e 17 de marzo no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Vigo. O venres 18 será o turno para as obras con temática galega dos compositores Juan Daniel Romero, Xabier Comesanha, Ángel A.Montes e Juan Durán que serán interpretadas a dúo de bombardino e piano polo profesorado do CSMVigo.
O mércores 16, Yeonju Jeong (violín), Belma Alic (violonchelo) E Dragan Opancic (piano), invitados a través do ciclo Son Erasmus dol Conservatorio Superior de Música de Vigo, interpretarán dúos, suites, estudios e outras obras dos compositores D. Schnyder, A. Sijari, I. Avlovi, D. Rešidbegovi, H. Hadzajli e V. Komadina.
O xoves 17, Yeon Ju Jeong (violín) e Constantino Pérez (piano) levarán a cabo un concerto con obras dos compositores Locatelli, Beethoven e Faurè nunha velada na que afianzarán aún más as boas relacions entre as dúas entidades
educativas.
Máis
Hora
17 marzo, 2022 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes