bannerTerraCeo
bannerRevistaOnline

marzo, 2022

Este é un evento repetitivo

16mar20:00VII Festival Nas OndasFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00 Auditorio Martín Códax

VII Festival Nas Ondas

Nova semana de concertos no VII Festival Nas Ondas

NAS ONDAS ofrece unha programación igual de variada e interesante que en pasadas edicións, pero reforzando nesta edición tanto o seu perfil internacional como a aposta pola música de compositores galegos.

O festival oferta un amplo número de concertos, pero tamén conta con destacados relatorios
e clases maxistrais. Como ven sendo habitual, se articula en distintos ciclos: Semana da Música Antiga, De
Piano, III Semana Internacional do Clarinete, PercusiónFest, Saxornadas, Explurart, Abrente e Semana das
Letras Galegas.

O profesorado da Academia de Música da Universidade de Sarajevo, deleitaranos con 2 concertos os días 16 e 17 de marzo no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Vigo. O venres 18 será o turno para as obras con temática galega dos compositores Juan Daniel Romero, Xabier Comesanha, Ángel A.Montes e Juan Durán que serán interpretadas a dúo de bombardino e piano polo profesorado do CSMVigo.
O mércores 16, Yeonju Jeong (violín), Belma Alic (violonchelo) E Dragan Opancic (piano), invitados a través do ciclo Son Erasmus dol Conservatorio Superior de Música de Vigo, interpretarán dúos, suites, estudios e outras obras dos compositores D. Schnyder, A. Sijari, I. Avlovi, D. Rešidbegovi, H. Hadzajli e V. Komadina.

O xoves 17, Yeon Ju Jeong (violín) e Constantino Pérez (piano) levarán a cabo un concerto con obras dos compositores Locatelli, Beethoven e Faurè nunha velada na que afianzarán aún más as boas relacions entre as dúas entidades
educativas.

Máis

Hora

(Mércores) 20:00

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

X