REVISTA ABRIL

VII Festival Nas Ondas

11mar20:00VII Festival Nas OndasFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+01:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

Conclúe outra semana do festival “Nas Ondas” co concerto “Eiriksson Trombone Project: Recital 1.0”. O concerto terá lugar o venres 11 ás 20.00h, no Auditorio Martin Codax. Participan nel os alumnos Faustino Núñez (trombón baixo), Alicia Permuy (piano), Rocío Álvarez (saxofón soprano), os profesores do centro Jesús Vicente Monzó (profesor de trombón), Javier Viceiro Filgueira (profesor de trompeta do CSMV), e o Coro de trombóns do CSMV. O concerto consta de dúas partes, de tres obras cada unha. O repertorio a interpretar son obras de Daniel Schnyder, Alexey Levedev, F. Moreno Torroba e Steven Verhelst.

NAS ONDAS ofrece unha programación igual de variada e interesante que en pasadas edicións, pero reforzando nesta edición tanto o seu perfil internacional como a aposta pola música de compositores galegos.

NAS ONDAS 2022 posúe máis de 40 eventos, gratuítos e, na súa maioría, de libre entrada ata completar o
aforo dispoñible.

O festival oferta un amplo número de concertos, pero tamén conta con destacados relatorios
e clases maxistrais. Como ven sendo habitual, se articula en distintos ciclos: Semana da Música Antiga, De
Piano, III Semana Internacional do Clarinete, PercusiónFest, Saxornadas, Explurart, Abrente e Semana das
Letras Galegas.

Próximos concertos:

  • Mércores 16 de marzo: Profesorado convidado da Academia de Música da Universidade de Saraxevo (Bosnia Hercegovina)
  • Xoves 17 de marzo: Profesorado convidado da Academia de Música da Universidade de Saraxevo (Bosnia Hercegovina)/ Son Erasmus
  • Venres 18 de marzo: Música galega para bombardino e piano / Explurart

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events