
22feb19:00VII Festival Nas OndasFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:00(GMT+01:00) Auditorio Martín Códax
Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMV) presenta o VII Festival de Música e das Artes NAS ONDAS, que se desenvolverá entre o 16 de febreiro e
Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMV) presenta o VII Festival de Música e das Artes NAS ONDAS, que se desenvolverá entre o 16 de febreiro e o 2 de xuño de 2022.
NAS ONDAS ofrece unha programación igual de variada e interesante que en pasadas edicións, pero reforzando nesta edición tanto o seu perfil internacional como a aposta pola música de compositores galegos.
NAS ONDAS 2022 posúe máis de 40 eventos, gratuítos e, na súa maioría, de libre entrada ata completar o aforo dispoñible.
O festival oferta un amplo número de concertos, pero tamén conta con destacados relatorios e clases maxistrais. Como ven sendo habitual, se articula en distintos ciclos: Semana da Música Antiga, De Piano, III Semana Internacional do Clarinete, PercusiónFest, Saxornadas, Explurart, Abrente e Semana das Letras Galegas.
Nesta semana teremos:
- Martes 22 de febreiro: Relatorio: Final do Camiño, principio da Música: os instrumentos de música medievais en Galicia, Francisco Luengo (músico e luthier)
- Mércores 23 de febreiro:Relatorio: Evolución da interpretación historicamente informada, María del Mar Blanco
- Xoves 24 de febreiro: Orquestra Barroca do CMUS Profesional “Manuel Quiroga”, Arquímedes Artal (director)
- Venres 25 de febreiro: Distonía Focal: Desorde da embocadura e aspectos clave, Moises Lorenzo (trompetista) Rosa Crespo (Dra. en Enxeñería Química e Biolóxica)
Podedes consultar a programación completa do festival nesta ligazón.
Máis
Hora
22 febreiro, 2022 19:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual