VIALIA
bannerPicnicSesions

VII Festival Nas Ondas

28abr20:00VII Festival Nas OndasFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

O Festival de Música e Artes NAS ONDAS ofrece na sua séptima edición máis de 40 eventos entre o 16 de febreiro e o 2 de xuño de 2022, reforzando tanto o seu perfil internacional coma a sua aposta pola música dos compositores galegos con concertos, charlas e clases maxistráis.
O festival, integrado polos ciclos Semana da Música Antigua, De Piano, III Semana Internacional do Clarinete, PercusiónFest, Saxornadas, Explurart, Abrente e Semana das Letras Galegas, mostra o extraordinario dinamismo do Conservatorio Superior de Música de Vigo e o seu compromiso ca cultura e a súa normalización en tempos de pandemia.

Desde o luns 25 ao xoves 28 o saxofón será o protagonista da programación, con concertos pertencentes ao ciclo “Saxornadas” organizado polo centro. Un ciclo que se iniciou alá polo ano 2004 no CPM de Vigo e están coordinadas desde entón polo catedrático de  saxofón no CSM de Vigo, Rafael Yebra. Ao longo destas 18 edicións pasaron destacados saxofonistas e grupos no ámbito da música clásica, contemporánea e jazz como Andrés  Gomis,  Marie- Bernadette  Charrier, Xosé Luís  Miguelez, Cuarteto de  saxofones  S@x 21, Fernando Ramos, Vin- Gop  Cuartet, Joel  Versavaud, Javier Constenla Jazz  Quartet, Narciso Pillo, Antonio García Jorge, Antonio Felipe  Belíjar, … e compositores como Alberto Pousadas, Pablo  Beltrán  ou  Christophe  Havel, entre outros.

Para finalizar as xornadas do ciclo ” Saxornadas” desta semana, o xoves 28 de abril acóllese no escenario do Auditorio Martín Códaxás ás 20:00 h ao  ensemble de  saxofones do conservatorio superior de música de Vigo e convidados. Este concerto presenta un programa en colaboración entre a aula de  saxofón do CSM Óscar  Esplá de Alacante e a aula de  saxofón do CSM de Vigo, no que participarán o  talentoso alumnado de ambos os centros. O repertorio escollido para esta ocasión será unha selección de “Cadros dunha exposición” de M. Musorgski. Entre os integrantes do  ensemble atópanse Andrea González, Miguel  Bargiela, Gemma  Mestres, Jorge Ferreira, María Martínez, Noelia Fraga, Francisco dá Silva, Javier Rodríguez, Alejandro Troia e Rafael Yebra. 

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events