REVISTA ABRIL

VII Festival Nas Ondas

05abr20:00VII Festival Nas OndasFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

O Festival de Música e Artes NAS ONDAS ofrece na sua séptima edición máis de 40 eventos entre o 16 de febreiro e o 2 de xuño de 2022, reforzando tanto o seu perfil internacional coma a sua aposta pola música dos compositores galegos con concertos, charlas e clases maxistráis.
O festival, integrado polos ciclos Semana da Música Antigua, De Piano, III Semana Internacional do Clarinete, PercusiónFest, Saxornadas, Explurart, Abrente e Semana das Letras Galegas, mostra o extraordinario dinamismo do Conservatorio Superior de Música de Vigo e o seu compromiso ca cultura e a súa normalización en tempos de pandemia.

Este martes 5 de abril, o pianista Daniel Pereira protagonizará o concerto do conservatorio superior de música de Vigo. Ofrecerá un programa integrado na súa totalidade por obras dos compositores iberoamericanos Heitor Villa-Lobos e Alberto Ginastera.

Daniel Pereira é pianista e Doutor en Artes Musicais pola Universidade de Maryland. Actualmente é profesor no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. A súa carreira destaca pola busca de propostas alternativas, como as súas “Tradiciones pianísticas”, publicado mensualmente en Melómano Digital e en “International Piano Archives at Maryland”.

Martes, 5 de abril de 2022, 20:00 h.

Auditorio Martín Códax do CSMV

Máis

Hora

(Martes) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events