VIALIA
bannerPicnicSesions

VII Festival nas Ondas

31mar20:00VII Festival nas OndasCONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

O Festival de Música e Artes NAS ONDAS ofrece na sua séptima edición máis de 40 eventos entre o 16 de febreiro e o 2 de xuño de 2022, reforzando tanto o seu perfil internacional coma a sua aposta pola música dos compositores galegos con concertos, charlas e clases maxistráis.
O festival, integrado polos ciclos Semana da Música Antigua, De Piano, III Semana Internacional do Clarinete, PercusiónFest, Saxornadas, Explurart, Abrente e Semana das Letras Galegas, mostra o extraordinario dinamismo do Conservatorio Superior de Música de Vigo e o seu compromiso ca cultura e a súa normalización en tempos de pandemia.

O xoves 31de marxo ás 20h, no Auditorio Martín Códax, da comezo o PercusiónFest, ciclo organizado polo Departamento de Percusión do CSMVigo. Este primer acto consistirá nun “Concerto Compartido de Grupos de Percusión” procedentes de conservatorios de toda Galicia. Participarán grupos dos conservatorios profesionais de A Coruña, dirixido por Miguel Castro; Carballiño, dirixido por Rubén Comesaña; Vigo, dirixido por David Rodríguez e David Outumuro e un ensemble conxunto do Conservatorio Municipal Víctor Ureña e o Conservatorio Mayeusis, dirixidos por André Pérez.
Tamén participarán os conservatorios superiores de Vigo, anfitrión, e Coruña; baixo a dirección de Luis Sobrevela e Carlos Castro, e Pilar Ríos, respectivamente. Trátase dunha proposta moi amena que contribuirá á confraternización entre alumnos de percusión destas institucións.

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events