VII Festival nas Ondas

30mar20:00VII Festival nas OndasCONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

O Festival de Música e Artes NAS ONDAS ofrece na sua séptima edición máis de 40 eventos entre o 16 de febreiro e o 2 de xuño de 2022, reforzando tanto o seu perfil internacional coma a sua aposta pola música dos compositores galegos con concertos, charlas e clases maxistráis.
O festival, integrado polos ciclos Semana da Música Antigua, De Piano, III Semana Internacional do Clarinete, PercusiónFest, Saxornadas, Explurart, Abrente e Semana das Letras Galegas, mostra o extraordinario dinamismo do Conservatorio Superior de Música de Vigo e o seu compromiso ca cultura e a súa normalización en tempos de pandemia.

O mércores 30 de marzo, ás 20 horas, a Orquestra do Conservatorio Profesional ‘Manuel Quiroga’ de
Pontevedra, dirixida polo profesor Francisco Javier Mora Souto, dará un concerto no Auditorio Martín
Códax no que interpretará obras de O. Respighi, J. B. Neruda, A. Liadov, B. Bartók i Echeverría.

Máis

Hora

(Mércores) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events