VIALIA
bannerPicnicSesions

VII Festival nas Ondas

29mar20:00VII Festival nas OndasCONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

Continúa esta semana o festival “Nas Ondas” do Conservatorio Superior de Música de Vigo cun
concerto do ciclo De Piano o martes 29 de marzo ás 20h.

Sen tempo non era: 3 sonatas para piano de Beethoven” é o título escollido para o concerto que se ofrecerá no Auditorio Martín Códax. Forma parte do ciclo De piano, organizado polo Departamento de Piano do CSMVigo. Os intérpretes serán Sara Lía Ochogavias, Adriana Iglesias y Lucas López; alumnos do CSMVigo que cursan o seu último curso de piano co
profesor Nicasio Gradaille, e decidiron brindarnos un recorrido polas sonatas de Beethoven, xa que non puideron ofrecelo no ano Beethoven (2020) por mor da pandemia, mesmo motivo polo que este será o primeiro concerto que realicen os tres xuntos. Interpretarán as sonatas número 12, 30 e 31, respectivamente, de modo que se poderá apreciar a evolución do compositor, contrastando as súas sonatas máis tempranas coas dúas penúltimas que compuxo.

Máis

Hora

(Martes) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events