REVISTA ABRIL

Poesía, arte e cine para celebrar o centenario de José Saramago

25outTodo o día28Poesía, arte e cine para celebrar o centenario de José SaramagoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde(Todo o día)(GMT+02:00)

Detalles do eventos

CONFERENCIAS

No ano do centenario do nacemento de José Saramago celébrase a Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo que organiza a VII Conferência Internacional José Saramago: A herança filosófica e sociopolítica de Saramago. Celébrase entre o 26 e o 29 de outubro en tres sedes: Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas, Camões e na Sede Afundación Vigo.

Este programa académico inclúe conferencias; paneis de discusión e mesas redondas. No contexto galego; interesa especialmente a mesa titulada “A Galiza na xangada do futuro: pensándonos a partir de Saramago”; na que participarán:

  • Xosé María Gómez Clemente (Universidade de Vigo; moderación);
  • Helena González Fernández (Universitat de Barcelona);
  • Carlos Quiroga (Universidade de Santiago de Compostela);
  • Marco Neves (Universidade Nova de Lisboa).

Nela; estes investigadores/as reflexionarán sobre a situación galega actual a partir do concepto da transibericidade.

Horario e actividades:

ACTIVIDADES CULTURAIS

No relativo ás actividades culturais; os asistentes poderán gozar dunha performance coa que nos deleitará a poeta galega Silvia Penas; un recital de poesía de Patricia Lino; a instalación artística do portuense Miguel Januário; unha exposición sobre o diálogo que se estableceu entre Saramago e a pintora portuguesa Graça Morais (e que contará coa visita da artista ao espazo) máis un ciclo de cinema baixo o lema “O Surrealismo de Saramago no Cinema”. Da atmosfera creada con todas estas actividades valerase a escritora Isabela Figueredo para crear textos ficcionais inspirados nesas temáticas que serán repartidos e publicados nos días do congreso.

Mércores 26, ás 18h – Performance de Miguel Januário ‘A Caverna’ (Centro Cultural Camoes)
Xove 27 ás 18:30 – Inauguración da Exposição Graça Morais e José Saramago: a arte de pensar ‘O Ano de 1993’ (Sede Afundación)
Xoves 27 ás 19h – Performance: Silvia Penas ‘Uma mulher ainda nao parou o mais longo gemido do mundo’ (Sede Afundación)
Venres 28 ás 18:15h – Recital de Poesia de Patrícia Lino (Centro Cultural Camoes)

CICLO DE CINEMA – do 25 de outubro ao 19 de novembro

Como parte deste congreso, presentaranse 3 longametraxes, 1 documental e 7 curtametraxes, de varios realizadores de diferentes nacionalidades, inspirados na obra e na vida do Nobel portugués. Existen moitas adaptacións dos “romances” de Saramago ao cinema. Esta será unha selección coas longametraxes máis destacadas e tamén cunha insólita sesión de curtametraxes. Todas as sesións serán presentadas e comentadas por personalidades de recoñecido prestixio no mundo do cinema galego e portugués. Do 25 de outubro ao 19 de novembro, ás 19:30 horas, este ciclo está comisariado por Abella Producións e terá lugar no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO).

25 de outubro (terça-feira):
‘Enemy’ (O Homem Duplicado), dirixido por Denis Villeneuve (Canadá/Espanha 2013)
Apresentado por Javier Trigales
29 de outubro (sábado):
‘Embargo’, dirixido por António Ferreira (Portugal 2010)
Apresentado por António Ferreira e Tathiani Sacilotto
5 de novembro (sábado):
‘José e Pilar’, dirixido por Miguel Gonçalves Mendes (Portugal 2010)
Apresentado por Francisco Castro
12 de novembro (sábado):
Sesión de curtas:
‘A flor máis grande do mundo’, dirixido por Juan Pablo Etcheverry (Espanha 2017)
‘Embargo’, dirixido por Noa Castro e Pepe Eiras (Espanha 2018)
‘Sensitive Islands’, dirigido por Stefaan van Biesen (Bélgica 2012)
‘Death at intervals’ (As Intermitências da Morte), dirixido por Alexander Golubeff (2019)
‘Sheperd of dreams’, dirixido por Paulo Fajardo (Portugal 2020)
‘Azinhaga’, dirixido por Miguel Gonçalves Mendes (Portugal 2007)
‘Desquite’, dirixido por Uxue Reinoso Roldan, Amy Egan, Iker Orueta Esparza, Laida Ruiz
Juarros e Judit Porto Mariño (Espanha 2019)
Apresentado por Severiano Casalderrey
19 de novembro (sábado):
‘Blindness’ (Ensaio sobre a Cegueira), dirixido por Fernando Meirelles (Brasil 2008)
Apresentado por Xosé Nogueira

Máis

Hora

outubro 25 (Martes) - 28 (Venres)(GMT+02:00)