Observación de Perseidas

12ago(ago 12)22:30Observación de PerseidasACTIVIDADES PARA O COCO | 6,00 €22:30(GMT+02:00) VigoZoo

Detalles do eventos

Este sábado 12 de agosto Vigozoo acolle unha actividade de observación de perseidas desde a súa terraza acompañados por un monitor da Fundación Ceo, Ciencia e cultura, quen nos dará algúns conceptos básicos de astronomía e nos explicará este fenómeno. As perseidas, tamén coñecidas como bágoas de San Lorenzo por ser o 10 de agosto esta festividade relixiosa, é unha prolífica chuvia de estrelas que ten o seu punto álxido entre o 11 e o 13 de agosto. Realmente, o que vemos son os restos volatilizados do cometa Swift-Tuttle, que está na órbita arredor do sol.

Hai dispoñibles 50 prazas e para participar nesta actividade é necesario inscribirse chamando ao 986 267 783 entre as 11:30 e as 19:30 h de luns a venres. O prezo é de 6,00 € por persoa e inclúe un chocolate quente. Se as condicións climáticas non o permitisen, a actividade realizaríase de forma virtual na pantalla de firmamento do auditorio do Zoo.

Máis

Hora

12 agosto, 2023 22:30(GMT+02:00)

Localización

VigoZoo

Plaza de Los Leones, s/n, 36316 Vigo, Pontevedra

Other Events