CAMELIAS

Vigocultura: 'DEGUSTACIÓN DE IMPOSIBLES'

27out20:00Vigocultura: 'DEGUSTACIÓN DE IMPOSIBLES'PEQUERRECHOS | 5,00 €20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Programa completo de Vigocultura

Ficha técnica e artística 

Creación e dirección: Joshua Kenneth

Sinopse

Degustación de imposibles é unha obra apta para todos os públicos creada polo ilusionista guiri-galego Joshua Kenneth. Nesta selección de imposibles a realidade do público distorsiónase con impactantes elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, os panos de seda ou as sombras chinas. 70 minutos de asombro, humor e misterio mesturado cun pouco de historia do ilusionismo. Unha experiencia interactiva, divertida e artística que convida ao público a entrar nun mundo onde todo pode ser transformado.

Cun número incluído en Degustación de imposibles, Joshua Kenneth gañou en 2023 o Premio Frakson, un prestixioso galardón que cada ano se outorga ao mellor ilusionista de escena do Estado español.

Xénero: maxia

Idade recomendada: familiar

Idioma: galego

Duración: 70 minutos

Entradas: 5,00 € en Giglon

Máis

Hora

27 outubro, 2024 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events