
22abr11:00Vigo Turístico: PARA VIGO ME VOY!ACTIVIDADES PARA O COCO | 10,00€11:00 Antigo Reitorado
Detalles do eventos
Concibido por e para vigueses, nos fará sentir na pel de personaxes retornados que marcaron a nosa historia e fisionomía urbana. Unha ruta para os amantes de Vigo,
Vigo Turístico: PARA VIGO ME VOY!
Concibido por e para vigueses, nos fará sentir na pel de personaxes retornados que marcaron a nosa historia e fisionomía urbana. Unha ruta para os amantes de Vigo, a súa arquitectura e a pegada indiana na nosa cidade.
Co historiador e experto en documentación sobre Vigo, Jorge Barrecheguren
Barrecheguren, que recentemente descubriu xoias como o exemplar manuscrito da zarzuela “Desde el cielo”, obra inédita composta polo músico e escritor vigués Teodosio Vesteiro Torres ao longo do ano 1867, reuniu agora datos e curiosidades para trazar este roteiro co obxectivo de guiar a cidadáns e curiosos nun paseo cultural que visitará os edificios e símbolos que conforman a pegada da emigración retornada na nosa cidade.
Punto de encontro: Reunirémonos no Antigo Reitorado da Universidade de Vigo no Arenal.
RESERVAS
Correo electrónico vigorturistico@gmail.com
WhatsApp 654 22 69 94
Máis

(Sábado) 11:00
Antigo Reitorado
Rúa Oporto 2, Vigo, Pontevedra