REVISTA ABRIL

Vigo Noir, cidade ilustrada

18mai19:00Vigo Noir, cidade ilustradaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Edificio Redeiras

Detalles do eventos

Vigo é unha cidade de novela, unha cidade, sobre todo, de novela negra. E o é grazas a obras de escritores como Domingo Villar, Pedro Feijoo, Manuel Forcadela, Ledicia Costas ou Beto Luaces, que a elixiron como escenario criminal e a converteron, nalgún caso, mesmo nun personaxe máis da historia. 

Para debater sobre os motivos e as condicións que se dan e se deron para que figuras literarias coma estas escollesen Vigo como escenario das súas novelas criminais, o vindeiro 18 de maio o edificio Redeiras acollerá a xornada Vigo Noir, cidade ilustrada. Nin a data nin o lugar son unha casualidade, xa que coincidirá co primeiro cabodano do falecemento de Domingo Villar, e trátase dunha zona moi presente nas andainas do inspector Leo Caldas, polo que o evento servirá tamén como homenaxe ao escritor vigués.

A cita será á 19:00 h e contará coa participación dos escritores Pedro Feijoo, María Xosé Porteiro e Manuel Forcadela, todos eles con novelas ambientas en Vigo, e do profesor da Universidade do Minho Xaquín Núñez Sabarís, premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020 e primeiro autor en estudar a categoría Vigo Noir nos estudos literarios. Detrás desta iniciativa están José Montero Reguera, decano da Facultade de Filoloxía e Tradución; Blanca Miranda Rodas, estudante de doutoramento que está investigando sobre a tradución do Vigo Noir e Iolanda Galanes Santos, profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución.

Xoves 18 ás 19:00h no edificio Redeiras.

Máis

Hora

(Xoves) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Edificio Redeiras

Praza do Berbés

Other Events